Ungerer, Tomi (2014). Adelaida. Trad. Sandra Senra, Óscar Senra. Pontevedra:Kalandraka, col. Tras os montes, [38 p.p]. (ISBN:978-84-4884-821-5).
Breve descrición do formato e do contido da obra: álbum ilustrado de tapas duras e grosas que está escrito en lingua galega. Consta de cuberta e contracuberta en cor laranxa, na dianteira atópase a ilustración dunha canguro con ás, o que pode adiantarnos de que pode tratar a historia. Ademais, na parte superior, aparece o título da obra en letras grandes e de cor negra. Penso que o título da obra pode ser o nome da canguro que aparece na imaxe. Na contracuberta atópase a ilustración dun helicóptero que vai voando e, enriba del, a mesma canguro con ás que atopamos na cuberta. As gardas son de cor laranxa o que non nos adianta o que pode acontecer na historia, simplemente exerce a función de protexer o libro. A portada volve mostrar a mesma imaxe que se atopa na cuberta, ca diferenza de que o fondo é de cor branco. A historia utiliza ilustracións nas dúas follas coidando todos os detalles, os debuxos parecen feitos a man, utilizando só catro cores, marrón, azul, negro e branco. Esas cores son moi claras, o que fai que sea máis visible para a lectora ou o lector. O texto é curto en cada folla, tendo coherencia ca ilustración que contén, dando estas máis información. A voz narrativa está en terceira persoa, e dicir, a historia está contada por un narrador.
Centrándonos no contido da obra, trata sobre Adelaida, unha canguro que naceu diferente as súas irmás porque ela naceu con ás o que lle sorprendeu aos seus pais. Gustáballe ollar como os avións e os paxaros voaban, ela quería facer o mesmo. Un día despediuse dos seus pais e marchou. Voou cun avión e realizou moitas aventuras coma ir a India, a París, ata rescatou a unha nenas e a uns nenos dun incendio grazas a ter ás, pero por levar demasiado peso, caeu e quedou ferida. Levárona ao hospital para curala. A miúdo, visitaba un zoo para ver a León, un canguro coma ela pero a diferencia de que el non tiña ás. Pediulle ao director do zoo que liberaran a León e así poder casar con el e formar unha familia. Neste libro podemos ver reflexada a autoestima, a superación de un mesmo e a busca da felicidade xa que, Adelaida a pesar de ser diferente aos outros canguros e canguras, as súas ás a axudan a perseguir os seus soños.
Potencialidades: esta historia está chea de valores e emocións coas que se poden traballar cos máis cativos e cativas, como pode ser a aceptación de un dun mesmo, con defectos e virtudes, e saber valorar aos demais tal e como son. Ademais tamén aparecen reflexados outros valores como son a amizade, a soidade, a compasión, a valentía ou a axuda aos demais que son moi importantes para traballar dende a infancia e así conseguir unha boa autoestima nos máis pequenos e pequenas.
Recursos:
- Biblioteca do cruceiro. (2017). Biblioteca cruceiro. Recuperado de: http://bibliotecadocruceiro.blogspot.com.es/2017/12/xoves-na-biblioteca.html
- Abracadabra. (2014). Abracadabra llibres per a nens. Recuperado de:http://blog.abracadabrallibres.com/libro-de-la-semana-adelaida-kalandraka/
Ningún comentario:
Publicar un comentario