Comendador, Carlos (2015). El astronauta. Ilust. é o autor. Andalucía: Sallybooks, [34 pp.]. (ISBN: 978-84-943381-6-8). Contén pictogramas.
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura. Na súa cuberta pódese observar o espazo e un foguete nel. A letra que conforma o título e grosa e de gran tamaño. Na súa contracuberta vólvese ver o espazo e una frase que resume a historia. As súas gardas son simples dunha cor turquesa. A súa portada presenta, baixo o título, a cabeza do personaxe. As ilustracións que o conforman son minimalistas, e as cores que as conforman son vermella, branca, negra e azul.
O texto atópanse na parte baixa da páxina e está acompañado de pictogramas, cabe destacar que graza ás imaxes e pictogramas do texto o libro pode ser lido por calquera idade e persoa (dado que non precisa do texto para á súa comprensión), atendendo así á diversidade e inclusión.
Un neno soña toda a súa infancia con ser astronauta. Crece, casa e forma unha familia, pero segue soñando con ser astronauta. Deseña e constrúe seu foguete e lánzase ó espazo. Alí viaxou e aterrizou nun planeta onde vivían extraterrestres e descubriu que non eran tan diferentes a nós, eles tamén tiñan familias. É nese intre é cando se da conta de canto vota de menos á súa muller e ao seu fillo e decide voltar. É unha aventura fantástica na que a viaxe exterior é unha escusa, na metáfora da viaxe interior do protagonista que remata ensinando a importancia, non só de seguir os nosos soños, senón do valorar do que temos cerca de nós no noso entorno máis cotiá, no noso día a día. Unha historia, en definitiva, sobre a importancia de atoparse a un mesmo.
Potencialidades educativas: na elaboración do libro colaboraron unha especialista de audición e linguaxe e a asociación Mírame (Asociación de Apoyo a Familias y Personas con Trastornos del Espectro Autista de Granada). Carlos Comendador invita a superar os prexuízos, as ideas preestablecidas e o medo ao diferente. É un libro que transmite unha mensaxe universal sobre o amor, a aceptación dos outros e dun mesmo e a importancia de perseguir os nosos soños.
Outro factor a destacar é o feito de ser unha obra dirixida a todos os públicos, especialmente destinada a nenos con necesidades educativas especiais. Os pictogramas, que constitúen unha linguaxe por si mesmos, describen e aclaran o resto de elementos e facilitan a compresión total da historia. Polo cal non só é válido para os nenos que precisen esta ferramenta, senón que resulta un sistema ideal para os prelectores e primeros lectores, facendo así que poida ser lida por calquera idade e persoa.
Recursos atopados:
Booktrailer publicado por Sallybooks. https://www.youtube.com/watch?v=TRDXauPG0KI (Consultado o 17/04/2018)
Ningún comentario:
Publicar un comentario