domingo, 22 de abril de 2018

O meu avó Carmelo


Torrent, Dani (2011). O meu avó Carmelo. Ilustr. do autor, trad. Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka, [25 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-7676).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado literario de carácter narrativo que nos conta unha historia que forma parte da vida cotiá como é a perda dun avó. As tapas deste libro son duras, polo que está encadernado en cartoné. O seu tamaño é de 22x30 cm. Na cuberta vemos aos protagonistas cunha vasoira na man observando como emigra unha anduriña e os bordes do libro, da metade para arriba teñen raias azuis e vermellas, que simulan unha carta. No contido do libro, o texto é sinxelo e a historia está narrada polo neno. O texto ten sempre apoio visual a través das ilustracións, que son a toda páxina e en tons pasteis. Cabe destacar que nalgunha páxinas hai elemento do correo postal: anacos de cartas, selos, formas dun sobre… que están incorporadas nas propias ilustración. Cando o neno narra que o seu avó xa non está, faino a través dunha metáfora dicindo que se evaporara coma os charcos no verán e que cando chove é porque o seu avó quere regar as plantas.  un neno que pasaba todos os días no xardín co seu avó Carmelo. O seu avó contáballe historias, os lugares a onde ían as anduriñas ao acabar no verán. Os días de choiva quedaban na casa observando como chovía e ás anduriñas. Cando paraba de chover, collía as vasoiras e facían debuxos no chan coa auga dos charcos (anduriñas, peixes) pero co sol desaparecían. Agora o seu avó xa non está e é o neno quen rega as plantas porque o avó Carmelo xa non está, evaporouse coma os charcos no verán. A partir da morte do seu avó, os días de choiva, o neno xa non sae a regar as plantas porque xa as rega o seu avó dende o ceo.

Potencialidades educativas: serve para axudarlle aos nenos/as a encaixar mellor a perda dun ser querido, como son os avós. Tamén serve para que os nenos pensen no felices que foron cando estaban cos seus avós e que tamén saiban encaixar a súa ausencia dun bo xeito, igual que o protagonista, que fai uso da metáfora de que se evaporou coma os charcos no verán e que os días de choiva é o avó quen rega as plantas. Co uso desa metáfora, podemos aprobeitar para explicarlle aos nenos o que é unha metáfora, así coma o concepto de evaporación.
Por outro lado, como no libro se fai referencia ás anduriñas, podemos aprobeitar e explicarlle aos nenos que son, se non as coñecen e explicarlles que emigran a lugares máis cálidos ao rematar o verán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario