Jack, Ezra
(2013). Un día de neve. Ilustr. Ezra Jack Keats, trad. Rafa Salgueiro. Madrid:
Lata de Sal, col. Vintage, [36pp.]. (ISBN: 978-84-940584-7-9)
Breve descrición do
formato e contido da obra: álbum ilustrado con encadernación en cartoné,
formado por 36 páxinas e tapas duras dun tamaño de 28x25 cm sen cantos
redondeados. Na cuberta aparece a sombra dun neno de cor que vai deixando a súa
pisada sobre a neve. Na parte dereita deixase ver a imaxe dun semáforo que fai
referencia a rúa pola que vai camiñando o rapaz, e na esquerda encóntrase unha
marca que indica o 50 aniversario da súa publicación, que foi cando se editou
por primera vez en España. Na contracuberta vai seguindo a imaxe do chan coas
pisadas da neve. Tanto a cuberta como a contracuberta están debuxadas en cores
chamativas que captan así a atención do lector. No interior do conto vaise
narrando a historia e ao lado van aparecendo as imaxes en forma de collage, que
describen o que o autor está a contar.
O libro conta a historia de Peter, un neno de cor que unha
mañá de inverno espertou e viu por primeira vez todo nevado. Había tanta neve
que apenas se deixaba ver a rúa. O neno pasou todo o día xogando, fixo un
boneco, anxos, escalou unha enorme montaña de neve e escorregou por ela
abaixo. Antes de ir para a casa recolleu un puñado de neve e fixo unha pelota
pequena con ela para gardala no peto. Pero cando foi para a cama, buscou no
peto e a bola de neve xa non estaba, polo que Peter púxose moi triste. Esa
mesma noite soñou que o sol xa derretera toda a neve, pero cando se levantou
deuse conta de que só fora un soño xa que aínda había moita e incluso seguía
nevando. Nada máis almorzar chamou a un
dos seus amigos e saíron os dous a xogar outro día máis coa neve.
Potencialidades
educativas: a obra está recomendada para nenos e nenas maiores de 4 anos. Con
ela pódese traballar o coñecemento do mundo que nos rodea así como o
descubrimento dun mesmo, xa que como se pode observar, Peter ao ver por
primeira vez na súa vida a neve ten a necesidade de explorar e coñecer o que
ata ese momento para el era descoñecido. Ademais pódese traballar tamén as
diferentes emocións e sensacións, xa que
neste conto vemos como o protagonista pasa dende a sorpresa de ver a neve, a
alegría de estar xogando con ela ou a tristeza cando pensa que esta xa se
derretiu. Así pois, este conto plasma os sentimentos que pode ter un neno ante
o descubrimento de sucesos que para el son novidosos. Outro aspecto moi
importante que se podería traballar con
este conto sería o multiculturalismo xa que este é o primeiro libro da
literatura infantil protagonizado por un neno de cor negra. Este álbum está
dispoñible en dous idiomas, en inglés (versión orixinal) e en galego.
Recursos en liña:
- Lectura do conto: https://www.youtube.com/watch?v=nz0d-C04lE0&t=22s (consultado o 21/04/2018)
Ningún comentario:
Publicar un comentario