luns, 30 de abril de 2018

Teo va de campamento


Resultado de imagen de teo va de campamento

Denou, Violeta (2000). Teo va de campamento. Ilust. Da autora. Barcelona: Timun mas, col. Teo descubre el mundo, [ idade +3 anos], [ 32pp], ( ISBN: 978-84-4800-061-5).

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo e en lingua castelá, que nos conta historias da vida cotiá dirixidas a nenos e nenas maiores de 3 anos. O protagonista é Teo un neno que nos conta as súas peripecias. Tanto cuberta coma contracuberta forman unha única imaxe, na cuberta aparece un grupo de nenas e nenos ao redor dunha fogueira, na parte superior o título do libro e colgado da última letra deste o protagonista da historia, debaixo do título o nome da autora. A garda do comezo forma unha imaxe completa, na garda da páxina da dereita está o título do libro e na garda da páxina esquerda están os datos do libro, mentres que nas gardas do final unha guía didáctica do conto. Ao longo do conto aparecen diferentes imaxes acompañadas dun texto sinxelo que axudan a comprender mellor a lectura. Os elementos que aparecen ao longo de toda a narración son realistas, relacionados coa vida cotiá. Todas as páxinas forman unha soa imaxe e escena. O texto aparece na marxe superior esquerda ou dereita ou na inferior esquerda ou dereita. O álbum conta a historia de Teo un cativo que vai coas súas amigas e os seus amigos e monitoras/es uns días a un campamento, disfruta do aire libre,  da natureza e de diversos xogos e actividades, en todos os momentos tanto nenas coma nenos desempeñan todas os labores necesarios para sobrevivir uns días no campo.

Potencialidades:  A finalidade didáctica da lectura é coeducativa, é dicir, inculcarlle uns valores ás nenas e nenos nos que o rol que desempeña a muller de forma tradicional na vida cotiá cambia. Durante todo o libro tanto nenas coma nenos desempeñan labores como montar o campamento, colocar a mesa e lavar a roupa. Os contos son un bo recurso para traballar cos máis pequenos a igualdade de xénero en todos os ámbitos. Con este libro axudase a nenas/os a construír a súa personalidade e a socializarse, inculcando valores e ideas. Con este conto, traballarase a identidade de xénero e, a igualdade entre ambos sexos.  Un modelo de ensino alternativo ao anterior modelo educativo que era o tradicional. A través de referentes coeducativos búscase que as nenas e nenos dende pequenas sexan consideradas diferentes, pero non desiguais.

Referencias bibliográficas:
Guía didáctica de planeta lector https://planetalector.com/system/files/libro/guias/guia_teo_va_de_campamento.pdf data de consulta 27 de Abril de 2018

Ningún comentario:

Publicar un comentario