luns, 30 de abril de 2018

Azul e rosa


Resultado de imagen de azul e rosa ana pillado

Pillado, Ana (2009), Azul e Rosa. Vigo: A Nosa Terra, col. Lila Lilaina, (+ 3 anos).[24 pp.] (ISBN: 978-84-8341-064-6).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado literario de tipo  narrativo e en lingua galega que nos conta unha historia da vida cotiá dirixida a nenas e nenos maiores de 3 anos. Os protagonistas son Lila e Pilo, dous irmáns que nos amosan unha realidade da vida cotia. Tanto cuberta como contracuberta forman unha única imaxe, na cuberta a metade do libro cara arriba e rosa e a metade do libro cara abaixo e azul, no medio aparece unha nena cunha vestimenta de moitas cores e estampados, e o pelo de cor violeta.vestido e uns zapatos de cor rosa e na marxe dereita cara arriba aparece o titulo da obra escrito en tres cores 8azul, branco e rosa e o nome da autora e debaixo a editorial. Na contracuberta a imaxe continúa xa que a nena aparece suxeitando tres globos de distintas cores 8amarelo, verde e vermello). Ao longo do conto podemos atopar imaxes con texto en ambos lados, no esquerdo e no dereito, as imaxes que acompañan ó texto son de moitas cores, unhas máis claras e outras máis escuras e destacan por a diversidade de estampados que aparecen na roupa dos personaxes, isto fai que parezan máis auténticos. Ao final do libro atopamosnos cunha folla onde aparecen os protagonistas espidos e na outra aparecen debuxos da vestimenta, unhas de cor azul, branca e rosa e outras de cor branca para que as nenas e nenos podan pintar da cor que eles queiran. O álbum cóntanos a historia de dous irmáns Lila e Pilo. Un día calquera reciben a visita dos seus avós que lles traen un agasallo para cada un. Cando Lila abre o agasallo ve unha bufanda e un gorro de cor rosa e Pilo recibe o mesmo, pero de cor azul. Ambos se amosan moi agradecidos cos seus avós, pero Lila pregunta porque todas as cousas que lle regalan son de cor azul, pois a ela gústanlle todas as cores. O avó respóndelle que o rosa e unha cor que favorece moito as nenas, pero Pilo di que a el tamén lle gusta. Lila e Pilo explícanlle aos seus avós que todas as cores lle sentan ben a calquera persoa. Os avós paran a pensar e o avó recoñece que sempre quixo ter un xersei de cor rosa e a avoa un chapeu azul. Finalmente os dous imáns acaban intercambiandose os agasallos e axudan aos seus avós a pintar a súa casa de moitas cores.

Potencialidades: O que trata de facer a autora con este libro e cuestionar certos símbolos, costumes e hábitos sobre a separación entre o sexo masculino e feminino. A finalidade que ten a obra e poder erradicar os estereotipos de xénero e favorecer a liberdade e a igualdade entre ambos sexos, intentando suprimir a clasificación establecida por a sociedade de que o azul e para os nenos e o rosa para as nenas. No conto podemos observar como son os dous irmáns quenes lle dan unha lección aos máis maiores e lles axudan a que se liberen deses pensamentos sexistas que tiñan marcados pola sociedade. Con este libro podemos ensinarlle as nenas e nenos que non hai unha cor destinada a un determinado sexo senón que todas e todos podemos usar todas as cores.


Ningún comentario:

Publicar un comentario