luns, 30 de abril de 2018

Es ti o meu amigo?


Soldado, Magda, Es ti o meu amigo? (2007). Ilust. Jacobo Muñiz,-A Coruña: Baía Edicións, col. Xiz de Cor, [30 pp.]. (ISBN:978-84-96526-96-9).


Breve descrición de formato e contido: álbum ilustrado de tapa branda cunhas dimensións de 25 x 25 centímetros. Na cuberta pódese observar o coello Dentón sentado nunha pradeira e na contracuberta a continuación da pradeira. As ilustracións posúen un carácter figurativo e están realizadas con pintura de ceras de cores cos contornos redondeados e de liñas finas, así como os trazos dos diferentes animais están debuxados moi suavemente con liñas delicadas. Nos personaxes están debuxados con cores claras e cálidas. A pesar de que, nunha páxina do álbum onde aparecen unhas bestas,están ilustradas con cores fríos e fondos escuros para representar o medo e a inseguridade. Esta historia presenta unha estrutura tradicional de presentación, nó e desenlace e está contada por un narrador omnisciente, por medio dun breve texto de frases sinxelas, na qué tamén interveñen os personaxes da historia, os animais.
O álbum recolle a historia de Dentón, un coello que sofre unha catástrofe, un día inúndase a súa casa e non encontra forma para resgardarse do frío e das bestas ata conseguir amañala. Dentón cría que calquera dos seus amigos lle darían cobixo pero todos lle puñan excusas. O coello deuse por vencido, cando de repente o pequeno ratiño Pedriño dille que se quere pode quedar na súa casa. O problema apareceu cando se dan conta de que a casa de Pedriño e moi pequena, pero tras moito esforzo, conseguen que Dentón entre nela. Así é como Dentón comprende que non se pode chamar amigo a calquera.

Potencialidades educativas:  Ademais de traballar o valor da amizade, tamén fomenta o traballo en equipo, o compañeirismo e a empatía. Pola súa contra tamén trata de facer entender ao neno/a que hai que ter cuidado coas relacións, e non fiarnos sempre das apariencias, como mostra a metáfora do ratiño Pedriño. Tamén se pode considerar como un libro interesante a hora de traballar a autoestima e a superación. Isto vémolo plasmado no protagonista principal, pois nun primeiro momento séntese aterrado ao ver que as bestas o van comer e non pode voltar a súa casa, pero tras meditalo e sacarlle valor consegue o seu obxectivo.

Por outra parte, apréndense coñecementos acerca de diferentes tipos de animais, da súa alimentación, hábitat, tamaño...

Ningún comentario:

Publicar un comentario