luns, 30 de abril de 2018

A filla do Grúfalo

Donaldson, J (2014), A filla do GrúfaloIlustAxel Scheffler. Trad. Piño Saéz e Laura Sáez. Pontevedra: Patasdepeixe, [30 pp.]. (ISBN:978-84-939350-5-4). 

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado, de forma rectangular (27,5x22cm) e de pouco volume. Consta dunha cuberta e unha contracuberta de tapa grosa. Na cuberta amosásenos ao Grúfalo coa súa filla no colo nunha fraga nevada. Na parte superior encóntrase o título en letras prateadas e, na parte inferior, os nomes dos autores e ilustradores en cor negra. Tamén se amosan dúas formas de ver ao rato, por un lado na parte esquerda enfadado e tallado nunha pedra e, na parte dereita, dunha maneira amigable agochado detrás dunha árbore. Na contracuberta, preséntase o nome da editorial no mesmo fondo da fraga nevada cunha lúa. Pola chan, na neve, aparecen as pegadas de dous animais. As gardas son de cor vermella na súa totalidade. A portada ensínanos unha imaxe da filla do Grúfalo que se encontrará mais adiante. Na parte superior está o títuloe na inferior o nome da autora, do ilustrador e da editorial. 
As ilustracións son orixinais, alegres e imitan a pintura ao óleo en tons escuros. Aínda que o monstro é un ser imaxinario, a través das ilustracións da paisaxe apórtanlle realidade. O texto móstrase indistintamente tanto na parte superior como na inferior de todas as páxinas. Con texto rimado, con forza narrativa, con humor, con amor. A filla do Grúfalo é moi inqueda e precisa ver o mundo cos seus propios ollos, porque non lle son suficientes os consellos que lle da seu pai sobre o rato feroz. As súas ansias vana a descubrir os diferentes animais da fraga, ás veces pasando incluso medo pero aínda así consegue o seu obxectivo, coñecer ao rato feroz.  

Potencialidades educativas: é un libro onde se entrelaza a imaxinación coa realidadeA mensaxe desta historia baséase en que a forza e a violencia non son armas útiles ante o perigo, senón a intelixencia e a astucia. Entre os temas de interese que podemos traballar con este libro están a familia, a desobediencia e a valentía. 
Recursos: 

Ningún comentario:

Publicar un comentario