venres, 27 de abril de 2018

Sacapenas

  


Breve descrición do formato e contido da obra : álbum ilustrado traducido do inglés. Dispoñible en idiomas como o portugués, o euskera, o catalán ou o galego. Conta con dous símbolos de distinción, estes son o premio Andersen- 2000 e formar parte do plan nacional delectura de Portugal (PLN Portugal). A cuberta desta obra presenta ao protagonista da mesma camiñando desanimado e o nome do autor entre dous sacapenas. A cuberta conta tamén con un marco de estampado étnico, estampado que continua na contracuberta da obra, a cal presenta un pequeno resumo da historia. As gardas de cores, sendo as dúas primeiras unha rosa e outra amarela, e as dúas últimas, unha laranxa e outra verde. Na verde aparece un resumo do que son os sacapenas e a súa procedencia. Este álbum ilustrado conta con imaxes moi coloridas, centradas na páxina eco texto na parte inferior da mesma, por debaixo das ilustracións. Cada páxina é dunha cor distinta, son cores vivas e alegres que fan contraste coas ilustracións grises e escuras para representar as cousas que lle provocan preocupación a Bieito. A obra comeza contando a historia de Bieito, un neno que vive con moitos temores. Aínda que súa nai e seu pai lle intentan axudar, Bieito non consegue durmir por mor das súas preocupacións. A súa avoa descúbrelle un segredo para facer desaparecer ese sentimento de temor, uns bonecos chamados sacapenas...
Potencialidades educativas : os sacapenas son uns bonecos orixinarios de Guatemala, creados para que as nenas e nenos  que non podían durmir polos seus problemas llos contasen ao boneco e o colocasen na almofada antes de durmir. Coa historia de Bieito pódense descubrir preocupacións e temores das cativas e cativos, para poder así axudarlles a solucionalos. O significado dos bonecos sacapenas, axudarannos a traballar as preocupacións das alumnas e alumnos e por outra banda pode servir de modo introdutorio para traballar outras culturas como a de Guatemala neste caso, que é a súa procedencia.

Recursos de interese :
Máis obras do autor: http://www.anthonybrownebooks.com/ (Visto a 26/04/2018).
Información de interese sobre o autor, Anthony Browne:
https://www.fce.com.ar/boletines/chicos31/bioextendidabrowne.htm (Visto a 26/04/2018).
Idea para realizar un teatro de títeres coa obra. Enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=856XRi8bCjo (Visto a 26/04/2018).

1 comentario:

  1. Pareceme unha obra moi interesante para traballar con nenos e nenas de educación infantil. Xa que o medo é un dos maiores problemas nestas idades e con este libro pódese axudar a moitos nenos a perdelo e a que teñan máis seguridade en sí mesmos.

    ResponderEliminar