Jeffers, Oliver (2009). Perdido? Ilust. do autor. Trad. Laura Saéz, Mónica Pazos, Saleta Fernández. Vigo: Patasdepeixe, [30 pp.] (ISBN: 978-84-936842-1-1).
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura e de pequenas dimensións (27 x 27cm) que permite que tanto os maiores como os máis pequenos e pequenas, o poidan manexar con facilidade. Na cuberta móstrasenos ao neno e ao pingüín, os protagonistas da historia, que están sobre unha “barca”, que é un paraugas, no Polo Sur. Esta parte desvélanos parte da trama, xa que é unha maneira de introducirnos nas futuras aventuras que leremos e de captar a nosa atención. Se nos centramos na contracuberta, o fondo é o mesmo, deixándonos observar un pouco máis do entorno no que se desenvolve a historia.

As ilustracións do álbum complementan moi ben o que se explica no texto, que a súa vez, é sinxelo e fácil de comprender. Teñen moitos detalles e, as veces, estas imaxes ocupan toda unha páxina ou parte dela. Intégranse moi ben no fondo das mesmas e axúdannos a aventurarnos mellor no que se nos conta, xa que é un elemento indispensable na lectura.
Este álbum cóntanos a historia dun neno que un día se atopa cun pingüín diante da súa casa. A partir deste momento, decide axudalo porque o neno pensa que está perdido e que por iso está triste. Decide preguntarlle aos demais por si saben a procedencia do seu novo amigo, pero ao non recibir ningunha información sobre o fogar do pingüín, finalmente descobre que estes curiosos animais veñen do Polo Sur. É nese momento cando se embarcan nunha aventura para levalo a casa, pero o que o neno non sabe é que o pingüín non está triste por estar perdido, senón que está así por estar só, polo que a compañía que lle fai o neno é indispensable para o animal.
Potencialidades: este conto móstranos moi ben a importancia que ten a amizade nas nosas vida, como podemos atopar novos amigos cando menos o creemos, a relevancia de coidar ben unha amizade e de ser capaces de entender mellor o que nos queren dicir, ou os sentimentos que os demais queren amosar. É unha moi boa ferramenta para empregar cos nenos e cas nenas para ensinarlles estes aspectos a vez que se conta unha historia moi curiosa e entretida. Tamén o podemos utilizar para desenvolver a empatía e darlles a entender aos máis cativos e cativas que hai que loitar polo que queremos (como nos mostra o neno cando axuda o seu compañeiro) e a importancia de estar do lado dos que queremos (como nos ensina o pingüín ao non separarse do neno).
Recursos de interese:
- Contacontos por "Un Rincón para mis Cronopios": https://www.youtube.com/watch?v=Uv7qTsg7WMQ
- Seoane, Tamara. (2017). “Perdido?”. En PrimeirasLecturas. Recuperado de: https://primeiraslecturas.blogspot.com.es/2017/02/perdido.html (Consultado o 22/04/18).
Ningún comentario:
Publicar un comentario