Castro Lima, Manuel (2013), Pepiña
Maruxiña quere voar, deseño Francisco Ameixeiras Sánchez, Barafunda
editorial. [36 pp.] (ISBN: 9788494198502)
Breve descrición do formato e contido da obra: É un conto ilustrado en formato cadrado que narra a historia dunha xoaniña chamada Pepiña Maruxiña, e como, a través da súa constancia e tenacidade e as ganas de non deixar de soñar, consegue as ás que precisa para poder voar. Este conto está baseado na tradición popular de cantarlles as xoaniñas para protexelas, e tamén para que emprendan o voo, para que traian bo tempo, boas colleitas... co obxectivo de recuperar esta tradición oral. Ao longo do conto Pepiña Maruxiña emprende unha aventura polo xardín en busca das súas ás. Polo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar. Na cuberta do libro aparece a protagonista, Pepiña Maruxiña, enriba dunha folla, mirando cara un grilo que está voando. Así, pódese apreciar as ansias da xoaniña de cumprir os seus soños de voar.

Potencialidades educativas: Nesta historia, a xoaniña persegue o seu sono, isto ensínalle os nenos e nenas a perseguir o que realmente queren e que con constancia poden conseguir os seus propósitos e a importancia de facer estos realidade. Aprenderán a valorar a disciplina de traballar tódolos días coa mente posta no logro dos seus obxectivos. Lograr as metas é unha das habilidades máis importantes que os nenos poden aprender, e canto máis cedo aprendan, máis probabilidades terán de ter resultados exitosos na vida. Unha vez que os nenos interioricen esta habilidade, poderán alcanzar máis éxito na escola e na casa. Debemos ensinarlles a que aprendan cómo lograr as súas metas e desta maneira darlles unha sensación de que son capaces de facer todo o que dexesen con esforzo e constancia. Tamén pretende espertar nos máis cativos o interese pola cultura do noso e o respecto a natureza. É moi importante que os nenos desde idades temperás, aprendan, a través dos seus pais e os seus educadores, a respetar e a valorar a natureza. O amor pola natureza levaraos a apreciar o mundo natural e a actuar en correspondencia con estos sentimentos, contribuíndo ao seu coidado. A tradición oral é un gran potencial educativo e consegue que os nenos se relacionen co contexto e lles permite interesarse polas costumes e as tradicións do seu entorno.
Recursos de interese:
Presentación contacontos Pepiña Maruxiña quere voar. Espectáculo infantil da compañía Barafunda. https://www.youtube.com/watch?v=e1hNY-KGqRQ (consultado 23/04/2018)
Ningún comentario:
Publicar un comentario