“Palabras/ Colores/ Números /Opuestos”
E.S.S.A (2014). Palabras /
Colores/ Números/ Opuestos. España: Libro Divo, col. Mi primer libro de
aprendizaje, [12 pp.].
Breve descrición do formato e contido da
obra: serie de catro álbums de carácter expositivo. Son de
pequeno tamaño e tapa dura, compostos por unha ducia de páxinas, todas elas profundamente ilustradas.
Empréganse cores vivas, o que fai que chame a atención dos máis pequenos.
O texto, composto por unha ou dúas palabras en cada páxina, aparece
sempre na parte superior dos contos,
escritos en castelán. As cubertas
son grosas e dunha textura moi suave, efecto do tecido plastificado.
Cada un dos volumes presenta na cuberta o título, acompañado dunha imaxe
alusiva á temática e o nome da colección á que pertencen. Na
contracuberta aparece o título dos contos en grande na parte superior, debaixo
un breve resumo e a que idade van
dirixidos. Na parte inferior da contracuberta atopamos todos os datos da
referencia dos libros como o ISBN, a colección, o ano no que foron publicados,
ademais do lugar e a editorial. Por último no lombo dos contos aparece o título
e a editorial, ademais dun pequeno debuxo igual ao da cuberta. Son catro
volumes dirixidos a nenos/as dunha idade
comprendida entre 0 e 1 ano que promoven o recoñecemento de conceptos como cores, números, contrarios e palabras,
apoiándose na representación visual e a palabra correspondente.
Potencialidades: con estes álbums expositivos pódese traballar a coeducación xa
que emprega cores neutras para os obxectos, sen facer distinción de xénero en
ningún deles. . Cada volume céntrase na temática que se anuncia no título, propiciando
o contacto da nenez con elementos básicos que reforzan a aprendizaxe. Ademais
as cores brillantes e sólidas que conforman cada páxina serven para atraer a
atención dos máis pequenos, convidándoos a manipular o libro, dun tamaño moi
acaído para as súas pequenas mans.
Ningún comentario:
Publicar un comentario