luns, 23 de abril de 2018

El viaje de Pipo



Tone, Satone (2014). El viaje de Pipo. Ilust. da autora, trad. Teresa Tellechea. Madrid: Ediciones SM, [41 pp.]. (978-84-675-6962-9).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado. A imaxe que se amosa na cuberta é a do protagonista deste conto, o cal é a ra Pipo, que nun principio parece que está perdido no lugar no que se atopa. Nas gardas atopamos follas de flores e árbores que aparecerán ao longo de todo este volume. En canto á portada, volvésenos a ensinar ao protagonista deste conto, nunha situación similar á da cuberta; pero, neste caso a imaxe preséntasenos en proporcións moi pequenas e a cor é distinta. Todas as ilustracións son imaxes a dobre páxina. As cores destas varían ao longo deste volume, xa que dependendo no sitio no que se atopa o protagonista, a tonalidade será diferente. En relación ao texto, este está sempre dentro das imaxes, polo tanto, existe unha interacción moi profunda entre estes dous elementos ao largo de todo este libro; cabe destacar que en función da cor de fondo, as cores das letras serán diferentes, isto farase para que poidan ser visibles e recoñecibles polos nenos e nenas. Nesta historia existen dúas voces: a do narrador e a dos personaxes que van aparecendo. A letra na que aparece as intervencións destes dous compoñentes do volume é a mesma. Cando falan os personaxes, as súas participacións aparecen entre guións, para diferencialos da persoa que conta a historia. O narrador presenta e introduce a todos os personaxes que aparecen neste volume, e tamén narra a historia. Por outra parte, os personaxes interveñen para dialogar entre eles e mostrar as súas apreciacións. En canto á sinapse, este conto xira ao redor de Pipo, que se atopaba triste porque non podía soñar ata que atopou unha ovella que lle dixo que podía viaxar polos soños, deste modo o protagonista acompañouna durante toda súa viaxe. E xa para rematar neste apartado, é necesario dicir que este libro foi premiado en 2013 co “Premio Internacional de Ilustración Feria de Bolonia – Fundación SM”.

Potencialidades educativas: unha das potencialidades que se observa son as emocións, xa que ao principio do conto a ra Pipo estaba triste por no poder soñar; con isto podemos traballar este tema cos máis cativos e preguntarlles como se senten cando non poden facer algo que lles gusta. Outra cousa que podemos resaltar é a fantasía que presenta este libro, cos alumnos e alumnas de Educación Infantil o que se podería traballar é que teñan creatividade para imaxinar cousas fantásticas, tamén serviría para presentarlles seres mitolóxicos como poden ser os unicornios, as sereas, os centauros e moitos outros máis. Un aspecto a ter en conta son os meses e as estacións do ano, xa que aparecen ao largo de todo este volume. E por último, non debemos pasar por alto o tema da amizade neste libro; penso que isto é moi importante porque nesta etapa, unha competencia que os alumnos e alumnas deben adquirir é a interacción social entre iguais, tamén hai que dicir que se lle debe explicar a amizade aos máis pequenos, para que sepan como coidar e manter a un bo amigo ou amiga.

Recursos de interese:
- Canción “La hora de los sueños”:
https://www.youtube.com/watch?v=DvkSqWOS7nM (Consultado o 22/04/2018).
Conto “Monsterbox” que trata sobre o valor da amizade e tamén trata a educación emocional:
https://www.youtube.com/watch?v=OczEHXRU9WU (Consultado o 22/04/2018).

Ningún comentario:

Publicar un comentario