martes, 24 de abril de 2018

Xogos musicais





Prego, Luis (2013). Xogos musicais. Ilust, Marta Iglesias. Pontevedra: Cumio, col. Multimedia, [87 pp.] (ISBN: 978-84-8289-463-8)

Breve descrición do formato e do contido: Álbum ilustrado de tapa dura composto por 87 páxinas, todas ilustradas cunha gran combinación de cores, deseños feitos por nenos/as no período infantil, especialmente polo esquematismo. O testo atopámolo en calquera parte das páxinas. Na parte dianteira atopamos o título do álbum, o autor, o ilustrador e a editorial acompañada dun debuxo esquemático que parece representar dúas persoas nun xardín. Podemos observar que trae o símbolo de que este álbum contén un CD. Na contracuberta podemos ver unha imaxe que representa uns nenos/as bailando, un breve resumo e a editorial a que pertence. No lombo aparece a título do álbum, o autor e a editorial. O contido trátase dunha obra na que aparecen cantigas e xogos tratando diferentes temáticas clasificadas por bloques, por exemplo arrolos, xogos no colo, xogos para bailar, etc. Podémolas atopar todas no CD que trae o libro o final.

Potencialidades: Con este álbum ilustrado podemos traballar a iniciación musical xa desde o embarazo, tamén aprender a linguaxe, novo vocabulario, ritmos musicais, desenvolvemento motriz, percepción auditiva, etc. Grazas ao CD que trae pódense facer moitas actividades colectivas na aula e así os nenos/as socialízanse entre eles. É un proxecto moi ben traballado cunha pedagoxía estructurada de maneira moi creativa. Encantame a maneira coa que os nenos poden disfrutar dos ritmos, as verbas, a expresión, o simbolismo, e sobre todo a cultura educativa que desprende con cada canción.

Recursos:
Cantigas e recitados para nen@s:

Ningún comentario:

Publicar un comentario