Domínguez, Javier, De Evan, Alba. (2017). A superavoa de Antón. Ilust. Marcos, Perez. Ourense: Mei rei, [26pp.]. (ISBN: 978-84-617-9456-0).
Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado literario de tapa dura e formato cadrado de 26 páxinas que forma parte dun movemento en favor da infancia, o cal colabora con varias ONGs.
Na cuberta obsérvase un neno e unha anciá de cara e na contracuberta aparecen o mesmo neno e anciá pero de costas. As gardas son de cor azul sen ningún debuxo. Os debuxos dos personaxes parecen pedras redondas unidas e pintadas que simulan a cabeza, o corpo, e os pes. Todos os detalles da roupa están pintados sobre as pedras agás detalles como unha bufanda da avoa e da nai que son cordeis ou os lazos das coletas da irmán que semellan de cartolina. Os personaxes aparecen sobre un fondo que parece pintado por un rotulador menos tres páxinas en concreto onde falan sobre o paro e as imaxes que mostra son reais e non pintadas. A letra encóntrase dentro dun círculo que cambia de cor en cada páxina. En cambio a letra é dunha tonalidade de azul diferente en cada páxina dependendo da cor do círculo.
O libro conta a historia dunha familia que afectada polo paro, sobrevive grazas a avoa que axuda en todo o que pode a familia e moita máis xente que necesita esmola e agarimo. Desta maneira, o fillo maior da familia, Antón, dáse conta de que a súa avoa é unha súper avoa xa que é capaz de facer feliz a moita xente.
Potencialidades educativas: Este libro representa a dura realidade de moitas familias que hoxe en día sofren as consecuencias do paro e mostra o valor que ten o papel das avoas ao longo da historia, enxalzando a súa figura como as loitadoras e traballadoras incansables que son. Tamén é unha obra adecuada para traballar o día dos avós, ou incluso o día da muller traballadora.
Recursos en liña de interese:
Entrada de un blog (consultado el 16/03/2018)
http://farfalleypapillon.blogspot.com.es/2017/11/a-superavoa-de-anton.html
Presentación do libro nun artículo do xornal La Región (consultado 16/03/2018)
http://www.laregion.es/articulo/xornal-escolar/presentacion-do-libro-solidario-superavoa-anton/20170419141412702065.html
Vídeo da Televisión de Galicia (consultado 16/03/2018)
http://www.crtvg.es/informativos/a-superavoa-de-anton-un-libro-solidario-cuxa-recadacion-ira-destinada-a-fundacion-meninos-en-galicia-2899820
Ningún comentario:
Publicar un comentario