luns, 23 de abril de 2018

O chaleco do ratiño


Nakae, Yoshio (2017). O chaleco de Ratiño. Ilustr. Noriko Ueno, Traduc. Santiago Suevia Sobral. Madrid: Lata de sal, col. Vintage, [32 pp.]. (ISBN:978-84-946650-1-1).

Breve descrición do formato e contido da obra: O chaleco de Ratiño é un álbum ilustrado escrito en galego, cunhas dimensións de 23,7x20,6 cm encadernado con tapas duras. Na cuberta presenta o título do conto en grande e a imaxe dun rato en pequeno. É de cor verde e branco, coas letras es rosa. As ilustración que atopamos nas páxinas son en branco e negro, sobre un fondo branco, mentres que as páxinas onde aparece o texto (pouco texto) son verdes. Este libro relátanos a historia dun rato ao que a súa nai regaloulle un chaleco tecido por ela. Todos os seus amigos do bosque (de tamaño máis grande ou máis pequeno) pedíanlle probrar o chaleco, el acepta sempre pero o chaleco vai estirando. Cando o ratonciño mira que o chaleco está moi estirado entristece, pero de todos os problemas pódese sacar unha solución, e así o fai.

Potencialidades: este conto axudará aos nenos e nenas a fomentar o sentido do humor e a xenerosidade, podendo ver sempre o lado positivo dos problemas e loitando por buscar solucións

Ningún comentario:

Publicar un comentario