Horáčez,
Petr (2014). El ratón que se comió la
Luna. Barcelona: Juventud. [28
pp]. (ISBN: 9788426140630).
Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo e en lingua castelá, dirixido a nenos e nenas a partir de 3-4 anos. O conto ten 28 páxinas, está encardenado en cartoné e as dimensións son 28,3 x 25,6. As ilustracións son moi coloridas e algunhas páxinas están troqueladas e vese a páxina seguinte. Por exemplo, vese o rato a través do burato na madriguera. A cuberta amosa o protagonista, con luvas e calcetíns a raias vermellas e amarelas que fan xogo coa súa cola, mirando cara a lúa. O detalle das luvas e dos calcetíns chamará a atención dos máis pequenos, e tamén as estrelas de cor verde. El ratón que se comió la Luna conta a historia dun pequeno rato o que lle encantaba ver a lúa. Parecíalle tan bonita que quería ter un pouco. Un día espertou e viu un fragmento de lúa no chan. Achegouse e o seu cheiro parecíalle tan delicioso que decidiu darlle un bocadiño. A lúa era realmente rica, polo que non puido resistir e deu outro bocadiño e outro... ata que deuse conta que non quedaba case nada. O ratonciño púxose moi triste porque a lúa nunca volvería a lucir enteira no ceo e foi a contarlle todo aos seus amigos, o coello e o toupeiro, que lle dixeron que era imposible comer a lúa. Entón volveu a ser noite e a lúa apareceu de novo enteira na cima do ceo, o que fixo que o ratonciño estivese moi feliz, pero... que comeu o ratonciño entón? O que comeu o rato era unha banana, por iso a lúa tiña un cheiro e un sabor tan delicioso. Mais o ratonciño nunca vira bananas e por iso o confundiu ca lúa.
Potencialidades educativas: Este
libro conta unha historia moi divertida para os máis pequenos coa que poden
entender que quizais as veces se confunden pero que sempre terán ós seus
maiores para axudarlles (neste caso, os amigos do ratonciño, maiores ca él). Os
máis pequenos pronto se darán conta do malentendido da historia e isto faralles
moita graza. Tamén podemos traballar onde está situada a lúa e os cambios que
sofre, para que entendan que nunca a poderán tocar e que o seu tamaño vai
variando.
Conto en español https://www.youtube.com/watch?v=9hSfYHc7WFc (consultado 22/04/2018)
Conto interpretado por familias enREDadas https://www.youtube.com/watch?v=ZRBmpjiiB7E (consultado 22/04/2018)
Corto adaptado ao conto "El ratón que se comió la luna" de Karin Fulco. Traballo realizado para a Cátedra Linguaxe Visual 3, Facultade de Belas Artes, UNLP. https://www.youtube.com/watch?v=clHQL1EglKw (consultado 22/04/2018)
Ningún comentario:
Publicar un comentario