Hernández Luján, Alicia (2004), Os dragóns do arco da vella. Ilust. da autora. Vigo: Nova Gwalicia Edicións, 24 pp. (ISBN: 978-84-92590-70-4).
Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado de formato rectangular (24,5 x 20 cm.). Posúe unha cuberta e contracuberta de cartón duro que favorece a manipulación por parte dos nenos e nenas. A cuberta fainos intuír como serán as ilustracións que atoparemos ao longo de todo o conto, trátase de imaxes que semellan estar pintadas con ceras. Son ilustracións que chaman a atención e convidan a prestar atención para atopar algúns dos dragóns ocultos. É un relato recomendado para os máis pequenos/as que fomenta a atención e a aprendizaxe das cores (tanto en galego coma en inglés), ademais de inculcar valores de diversidade, comunicación, igualdade e respecto..
Na antigüidade existiron todo tipo de dragóns, habíaos de todas as cores. Diferentes familias convivían e levábanse ben cos demais animais. Encantáballes a auga e tomar o sol e cando voaban formaban arcos da vella, cóntanos tamén onde vivían cada unha das familias de dragóns e que as persoas tíñanlles medo e querían mancalos por iso comezaron a agocharse para non ser vistos.
Potencialidades educativas: con este libro podemos para traballar cos nenos e nenas a tolerancia, o respecto á natureza, a convivencia, a amizade, o coñecemento doutras linguas e a harmonía na diversidade. A historia invita aos máis pequenos e pequenas a viaxar lonxe desde dentro, poden ler, sentir, interpretar e desenvolver as súas propias creacións. Ademais ao final do conto temos unha guía para nais, pais e titores onde se mostran distintas pautas para traballar co libro cos nenos e nenas (como fomentar a atención, a creatividade, a aprendizaxe de cores, valores de comunicación, igualdade, diversidade e respecto entre outros).
Ningún comentario:
Publicar un comentario