Veiga, Ramón D. (2017). Violeta
quere ser vampiro. Ilustr. David Sierra. Vigo: Xerais, col. Pequeno Merlí,
[40 pp.]. (ISBN: 978-8491212621).
Breve
descrición do formato e contido: libro ilustrado de tapa dura. A cuberta presenta a unha nena vampiro onde
na súa capa agocha o título da obra,
gardando coherencia coa ilustración. As cores son frías que crean un
ambiente de maxia e misterio. A contracuberta é a sombra da nena coa capa,
igual que na cuberta, onde te acerca un pequeno resumo introdutorio da obra,
tamén aparece a imaxe dunha casa ao lado dun cemiterio cheo de cabazas. As
gardas están cheas de elementos relacionados co Samaín como as caveiras,
pantasmas, esqueletos... todo elo en tons rosados. En canto a portada podemos
dicir que é sinxela onde reaparece o título.
As ilustracións ocupan dúas follas, gardan e coidan
numerosos detalles todos eles relacionados co Samaín. As cores que utilizan nas
imaxes son alegres e vivas, excepto naquelas partes da historia onde cae a
noite ou noutras nas que o suspense prima como o momento do berro da nena
disfrazada de vampiro. A técnica que utiliza o ilustrador é a acuarela. O texto
é bastante longo, teñen coherencia coas efixies, aínda que estas sempre dan
máis información. A voz narrativa é en terceira persoa, tamén existen diálogos entre
o pai e Violeta, utilízase unha linguaxe sinxela e que favorece a aprendizaxe
de palabras novas e vinculadas con esta festividade. O espazo no que se
desenvolve a historia está ambientado no misterio que te atrapa nunha atmosfera
de terror pero sen ter medo. A historia está limitada á casa da nena.
Na historia aparece unha protagonista principal que é
Violeta, logo como personaxe secundario está o pai. A historia comeza coa
celebración do Samaín, primeiro na escola e logo na casa de Violeta, é unha
festa á que se lle da moita importancia, tanta que preparan unha gran comida
para numerosos invitados coa condición de que todos veñan disfrazados de algo
que de medo. A celebración foi todo un éxito, a pequena interesouse polo
disfrace do seu pai polo que inqueda, pregunta pola vida dos vampiros, o seu
pai xusto tiña un libro sobre a vida deles e os procedementos para matalos. A
súa curiosidade non podía terminar aí, Violeta esperou a que todos estivesen
durmidos para baixar e poder coller a capa e dentes de vampiro do seu pai,
estaba tan metida no papel que meteu un berro que asustou a aos seus pais, pero
non o puido evitar xa tiña sede de sangue.
Como dato informativo é convinte dicir que está obra é un
homenaxe ao aniversario da primeira edición de Drácula. Tamén o crítico Ramón
Nicolás acolleu de bo grao este álbum ilustrado, cualificándoo de humorista ao
mesmo tempo que informativa, recomendándoa para todas as idades.
Potencialidades
educativas: é unha obra
destinada para nenos e nenas maiores de 4 anos. Este libro é útil para tratar o
tema do Samaín e os elementos característicos desta festividade, ademais a
linguaxe que utiliza outorga a aprendizaxe de novos termos. Os valores que transmite
implicitamente son o amor familiar, o apoio, como a nena toma como referente ao
seu pai e a sede de curiosidade dos nenos/as.
Recursos
de interese:
O paipai (2017). “Se o vello Sinbad tivese fillos”. http://sinbad.prazapublica.com/post/165722682513/violeta-quere-ser-vampiro . (Consultado 29/03/2018).
Ramón Nicolás (2017). “Xerais”. https://blog.xerais.gal/2017/un-conto-que-arrepia-violeta-quere-ser-vampiro-un-conto-de-samain-de-ramon-d-veiga-e-david-sierra-critica-de-ramon-nicolas/ . (Consultado 29/03/2018).
Ramón Nicolás (2017). “La voz de Galicia”. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/fugas/2017/10/27/span-langgl-conto-arrepia-samainspanvioleta-quere-vampiro/0003_201710SF27P8991.htm . (Consultado 29/03/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario