luns, 30 de abril de 2018

O valor da amizade



Del Río, C. e Gil, Mª J. (2004). O valor da amizade. Ilust. Carmina del Río. A Coruña: Baía Edicións, col Laura e compañía nº 9. [31 pp.]. (ISBN: 849612864-4).

Breve descrición do formato e contido da obra: Libro ilustrado en forma cadrada cunha dimensión de 20x20 cm. As páxinas son de papel normal a excepción das tapas que son de cartón brando. Na cuberta podemos observar a Laura, Uxío e Inés, tres dos personaxes da historia, sobre un fondo azul cunha lúa ó seu carón representando a noite. Na páxina número cinco aparece unha fotografía de todos/as os/as personaxes co seu nome debaixo para que os/as poidamos coñecer antes de comezar a ler a historia. Trátase dun libro que mantén a mesma estrutura ao longo do desenvolvemento da obra. En canto ilustracións, abarcan a totalidade das dúas páxinas, tanto as pares coma as impares. Estas imaxes son debuxos animados que están representados con cores chamativas có obxectivo de chamar a atención dos/as máis pequenos/as.
O libro narra a historia dun grupo de amigos que están planeando qué facer na fin de semana. A maioría dos membros do grupo decidiron facer unha carreira de sacos, mentres que outro compañeiro propuxo facer unha visita a un bosque. Como ninguén apoiou esta idea, enfadouse e decidiu facer a visita él só. Posteriormente, os seus amigos/as enteráronse de que se había perdido no bosque e decidiron xuntarse todos/as para ir a buscalo. Cando o atoparon abrazárono e éste díxolle aos seus compañeiros que tiña moita sorte de ter amigos/as coma eles/as xa que sempre estaban ó seu carón cando o precisaba.


No transcurso da obra, podemos observar que se fai unha distinción entre as cores empregadas para representar o día, que son máis claras, das que se empregan para representar a noite, que son máis escuras. Ademais, nas partes da noite aparece sempre un elemento característico da mesma que é a lúa. A expresión do rostro dos personaxes permítenos coñecer de contado os diferentes estados de ánimo nos que se atopan en cada momento aparecendo, a maioría das veces, cun sorriso como símbolo de felicidade. Ademais, todas as imaxes están relacionadas co que di o texto, facilitando a súa comprensión. En relación ó texto, atópase escrito en letra manuscrita e incorporan diálogos entre os/as personaxes para facilitar a comprensión dos mesmos. O texto aparece sobre as imaxes das páxinas pares, repetindo esta mesma estrutura ata o final da obra. Finalmente, na derradeira páxina atopamos unha serie de preguntas que se lle poden facer aos nenos/as.

Potencialidades: Este libro ten un dobre obxectivo; en primeiro lugar, pretenden motivar aos nenos/as para que adquiran hábitos de lectura grazas a súa presentación atractiva, caracterizada por uns textos sinxelos e uns debuxos cheos de tenrura que axudan a comprender a historia que se está narrando. O texto está escrito en letra manuscrita para que lles sexa máis doado de recoñecer as grafías. A estrutura e disposición do texto servirá para facilitar a asociación memorística dos/as nenos/as contribuíndo á aprendizaxe da lectura. En segundo lugar, mediante a lectura da obra, preténdese fomentar unha serie de valores primordiais para a convivencia e a sociabilidade. Grazas a este libro, os/as nenos/as poden coñecer da man dos personaxes cal é o valor da amizade, demostrando que os/as verdadeiros/as amigos/as son aqueles/as cos que pasas momentos moi divertidos pero tamén son os/as que están ao teu carón cando verdadeiramente os/as precisas. O libro recolle temas dos eixos transversais que a escola ten que traballar e, pódese empregar como unha ferramenta de aula para reforzar e ampliar estes contidos. Trabállanse aspectos do currículo como o son a cantidade, que aparece referida en termos como pouco ou moito; coñecen diferentes elementos do contorno próximo como o son os troncos ou regatos que pode haber nun bosque. Ademais, tamén nos permite traballar o concepto de día fronte o da noite, representando o día con cores máis claras e a noite con cores máis escuras e un elemento característico da mesma que é a lúa. Finalmente, o libro vai acompañado dun cuestionario para realizar despois da lectura, có obxectivo de reafirmar a observación e comprensión á vez que se potencia a expresión oral.

Recursos:



Ningún comentario:

Publicar un comentario