mércores, 18 de abril de 2018

O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas

Resultado de imagen de o cociñeiro martiño




López, Iago (2017). O cociñeiro Martiño. Ilust. Macus Romero. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, col. Infantil e Xuvenil, [idade +3 anos ], [32 pp.].(ISBN: 978-84-9121-301-7)


Breve descrición do contido e do formato: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo e en lingua galega, está dirixido a nenos e nenas maiores de 3 anos.
Ao longo do conto aparecen diferentes imaxes acompañadas dun texto que non é moi extenso pero si que é bastante repetitivo e con axuda de ámbolos dous comprendese mellor á lectura. Os  elementos que aparecen ao longo de toda a narración son  realistas, relacionados coa vida cotiá.  Algunhas das páxinas forman unha soa imaxe e escena, en cambio hai páxinas que representan dúas escenas diferentes do conto. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura. Na cuberta aparece Martiño, o protagonista da historia, con aspecto de preocupación, que suxeita cesta para recoller as cenorias, e está rodeado de coelliños e cenorias. A cor que predomina é o azul e o laranxa. No centro superior aparece o título da obra e debaixo deste o nome do autor e do ilustrador. Ao fondo aparece o nome da editorial. Na contracuberta, tamén de cor azul, aparece un coello mirando un libro onde está a receita do pastel mentres come unha cenoria. Na parte superior aparece a sinopses de conto. Aínda que a cuberta e a contracuberta non formen unha única imaxe, pódese dicir que teñen relación, xa que en ambas as dúas aparece a figura do coello e das cenorias. As cores que predominan no libro son o azul e o verde. O texto  non é moi extenso e é bastante repetitivo,  figura nunhas páxinas na marxe superior esquerda e nas outras na marxe inferior dereita e as veces ao revés.
O cociñeiro Martiño quere facerlle un pastel ao rei polo seu aniversario, para iso precisa cenorias e vai por elas. Cando chega á horta non están as cenorias e vai na súa busca delas. Polo camiño atópase con moita xente que lle di que as cenorias as teñen os coellos. Cando chega onda os coellos están coméndoas, polo que se decata que non as roubaron para eles senón para alimentar aos seus fillos, de aí que decida recoller roitos secos para facer o pastel do rei, tarefa á que lle axudan os fillos do monarca.

Potencialidades:Trátase dun conto coeducativo que recoñece as potencialidades e individualidades de nenos e nenas independentemente do seu sexo. Estamos ante un bo recurso para traballar a coeducación na aula a través da lectura desta obra literaria. A finalidade didáctica deste é  tratar cos máis pequenos/as a coeducación, amosarlle que os roles ou traballos que están designados socialmente a un tipo de xénero en concreto soamente son estereotipos que se marcan, que tanto un home coma unha muller poden desempeñar calquera tarefa. Os aspectos a salientar orientados cara á coeducación son os seguintes: o ilustrador debuxou aos coellos sen asociar a súa cor a ningún xénero, é dicir, nos debuxos, os coellos son todos da mesma cor, neste caso de cor morada sen que o lector sexa capaz de diferenciar o sexo destes; o autor prima a liberdade de xénero ante os postos de traballo, dándolle o mesmo protagonismo a ambos os sexos. Deste modo, ao longo do conto aparecen unha serie de personaxes, tanto homes coma mulleres, para darlle así a mesma importancia a ambos os xéneros. De feito, aparecen de modo alterno, un home pintor, a unha muller carteira, un home cociñeiro e unha muller cesteira. Tamén os fillos do rei aparecen de modo indistinto axudando a facer o pastel para o seu pai. Ademais nas imaxes, ambos os dous nenos levan a mesma roupa, sen atribuír unha cor a algún dos xéneros.

Recursos:

1 comentario:

  1. Este álbum tamén o traballamos no noso grupo de clase, encandrandoo na temática de familia. Xa que a través del podemos transmitir valores como a loita polo benestar familiar, o de enfrontarse a calquera situación sin temor as consecuencias, por exemplo, na parte onde Martiño logo de correr tralo coello descobre que este roubou as cenorias non só para el, senón para alimentar a toda a súa familia, polo que o cociñeiro deixounos e buscou outra alternativa.

    ResponderEliminar