mércores, 18 de abril de 2018

La abuela necesita besitos


Bergua, Ana (2010). La abuela necesita besitos. Ilustr. Carme Sala. Cánoves, Barcelona: Proteus.  [34 pp.]. (ISBN: 978-84-15047-32-2).

Breve descrición do formato e contido: libro ilustrado de tapa dura. Presenta na súa cuberta a tenra imaxe familiar dunha avoa e os seus netos fundíndose nunha aperta, isto recrea a temática do título. Como se pode observar a cor vermella predomina na vestimenta dos personaxes e no título, que está vinculado co amor, co corazón, co cariño; e a cor branca asociada á pureza. Quere dicir que non hai amor tan puro, real e verdadeiro como o que nace no núcleo familiar. Na contracuberta advertimos aos personaxes da avoa coa súa filla, tamén abrazadas nun marco, e ao lado un breve texto anunciando o contido do libro sobre o necesario que é as veces é darlle amor os maiores. As dúas gardas do libro son iguais: atópase o can subido nunha cadeira na entrada da casa, unha maleta vermella ligada a chegada da avoa e un xoguete tamén de cor vermella e branca que adianta que no fogar habitan nenos. A portada é sinxela e amosa uns utensilios gráficos como papel, pinceis, goma e lapis conectado co momento en que as nenas pintan debuxos para a avoa, e a contraportada está escrita cos motivos que levaron á autora e ilustradora a crear esta obra.
As ilustracións teñen relación coa realidade pero esaxera un pouco as cabezas dos personaxes. As efixies ocupan unha folla e a outra está dedicada ao texto máis a unha pequena figura relacionada co momento da historia a relatar que se sitúa embaixo. Tanto o escrito como a imaxe teñen sentido e están relacionadas entre si, aínda que sempre outorga máis información e dá pé a imaxinación a segunda. Ao longo da historia a cor vermella está presente para destacar algún obxecto ou personaxe ligada ao punto exacto do momento a contar, por exemplo: cando deixan á avoa no centro de día e realiza actividades lúdicas, entre elas ximnasia, na ilustración vemos á pelota de cor vermella representada dúas veces (na ilustración e debaixo do texto). A técnica pola que optou o ilustrador é o pintado en acuarela. O narrador da historia é a pequena Maite, a través da súa voz cóntanos a historia. O espazo onde acontece a historia é na casa familiar da protagonista e o tempo que configura a narración é en presente, nunha linguaxe sinxela.
Na historia distínguese dous protagonistas principais: a avoa e Maite a súa neta, e outros personaxes secundarios como a nai de Maite e a súa irmá. A cadela aparece ao longo da historia e só se fai mención a ela nunha ocasión para introducila nun álbum de fotos que lle fixeron a anciá, o pai e outro personaxe que aparece nunha ilustración pero que nunca intervén. Trátase dun conto que fala do Alzheimer onde a enfermidade se reflicte na avoa protagonista, e como a súa vez , afecta aos membros da familia, neste caso o vemos a través da súa neta Maite. Un día a avoa María chega á casa da súa filla para quedarse a vivir alí, xa que non pode quedarse soa. Alí a reciben as súas netas Maite a Laura, nun principio a Maite non lle facía moita gracia porque quedou sen cuarto. A súa nai ao ver a súa filla enfadada decide falar con ela e dunha maneira moi sutil explicarlle a situación, dende entón, a pequena non para de obsequiar a súa avoa, darlle cariño, coidala e pasar tempo con ela. Ao final entendeu que non hai menciñas para facerse novo e forte, agás os bicos que rexuvenecen a alma.

Potencialidades educativas: é unha obra recomendada para nenos e nenas maiores de catro anos. Este conto é moi útil para explicar dunha maneira moi emotiva o envellecemento das persoas, como ás veces deixan de facer cousas que antes podían facer,  e como non hai mellor remedio que o amor para curar a alma. Trabállase diversos valores como a empatía, axuda os maiores, respecto, o amor, o coidado e a axuda no fogar.

Recursos de interese:

Carlota Furminalla (2012). “Diario ABC”. http://www.abc.es/20120924/familia-mayores/abci-abuela-necesita-besitos-201209211407.html . (Consultado 29/03/2018).

CIFP Solaina (2017). “Galicia Ártabra”. http://www.galiciaartabradigital.com/archivos/157704 . (Consultado 29/03/2018).

Ningún comentario:

Publicar un comentario