mércores, 18 de abril de 2018

Una feliz catástrofe

Resultado de imagen de una feliz catastrofe


Turín, Adela (2014). Una feliz catástrofe. Ilust. Nella Bosnia. Pontevedra : Kalandraka, col. Libros para soñar, [ idade +3 anos], [ 40pp], ( ISBN : 978-84-8464-887-1 ).

Breve descrición do formato e contido: Álbum ilustrado literario de tipo narrativo e en lingua Castelá, que nos conta historias da vida cotiá dirixidas a nenos e nenas maiores de 3 anos. As protagonistas son  ratas humanizadas que contan as súas peripecias. As gardas do comezo e do final son de cor azul e nelas aparecen os ingredientes para facer o pastel  e tamén os coellos.  Ao longo do conto aparecen diferentes imaxes acompañadas dun texto sinxelo e de carácter repetitivo, que axudan ca comprender mellor a lectura. Os  elementos que aparecen ao longo de toda a narración son  realistas, relacionados coa vida cotiá.  Algunhas das páxinas forman unha soa imaxe e escena, en cambio hai páxinas que representan dúas escenas diferentes do conto. O texto aparece, nuns casos, na marxe superior esquerda e noutros na  inferior dereita. O álbum conta a historia dunha familia de ratos na que a nai desempeña o rol de ama de casa, mentres que o marido vai ao traballo e despois chega á casa e non colabora en nada. Chega un día no que a casa se inunda e a nai mais os ratos foxen en busca dun novo fogar. Cando o pai chega segue as súas pisadas e atópaos dentro dun caixón durmindo. A partir de aí todo cambia e o pai comeza a desempeñar os roles de amo de casa e os fillos parecen ser máis felices.

Potencialidades: A finalidade didáctica da lectura é coeducativa, é dicir, inculcarlle certos valores aos nenos e nenas nos que o rol que representa a muller de forma tradicional no fogar cambia. Ao comezo do libro aparece a nai facendo os labores domésticos, mentres que ao final deste é o pai o que os fai. Os contos son elementos de grande influencia para os nenos e nenas e son un bo recurso para traballar cos máis pequenos a igualdade de xénero tanto na aula coma nos fogares. Con este libro axudan aos nenos/as a construír a súa personalidade e a socializarse, inculcando valores e ideas. Neste caso con este conto, traballarase a identidade de xénero e, a igualdade entre ambos os sexos, é dicir, a coeducación. Un modelo de ensino alternativo ao anterior modelo educativo que era o tradicional. A través de referentes coeducativos búscase que as nenas e nenos dende pequenas sexan consideradas diferentes, pero non desiguais. Una feliz catástrofe pon de relevo a importancia de colaborar nas tarefas do fogar toda a familia e que os máis pequenos medren observando modelos de conduta máis equitativos, nos que se poña en valor a igualdade, a xustiza e a non discriminación ou violencia de xénero.

Referencias bibliográficas:

Ningún comentario:

Publicar un comentario