martes, 17 de abril de 2018

¿Las princesas usan botas de montaña?



las princesas usan botas de montaña-carmela lavigna-9788494074585

La Vigna, Carmela (2013). ¿Las princesas usan botas de montaña?. Ilust. Mike y Carl Gordon, trad. Ainhoa Pawlowsky. Barcelona: Picarona (Obelisco), [Idade +3 ], [32 pp.].(ISBN: 978-84-9407-458-5)

Breve descrición do formato e contido:álbum ilustrado literario de tipo narrativo, en lingua castelá.
De formato rectangular, tapa dura, está composto por 32 páxinas, todas elas ilustradas e acompañas dun pequeno texto. As cubertas son grosas e  de cartoné. Na dianteira aparece o nome da autora e dos ilustradores, ademais do título do conto, acompañado dunha ilustración que fai referencia ao título: a imaxe  dunha nena vestida con botas de montaña e o seu can. Na contracuberta aparece de novo o debuxo da nena vestida con botas de montaña pero neste caso parece que está paseando por unha pequena montaña,  acompañada de novo do can e ao fondo unha casa e o sol brillar no ceo. Na parte superior atopamos un breve resumo acompañado por unha pequena explicación de en qué se inspirou a autora para escribir este conto, ademais de mencionar a relación dos dous ilustradores. Na parte inferior da contracuberta atopamos o ISBN e a editorial.
Trátase dun conto onde unha nena moderna que se sente identificada cunha princesa que lle vai facendo preguntas continuamente á súa nai, para saber que é o que fan as princesas, se meten os pés nos charcos, se se colgan das árbores, se xogan e se manchan na area, se toman bebidas con sabor a froita etc. A resposta indica que o feito de ser un príncipe ou unha princesa tiña que ver co que se ten no corazón e non con trazos físicos, por iso este conto remata cunha frase que pon “una princesa es un lugar en tú corazón”.

Potencialidades: Este conto baséase na renovación do concepto que se ten das princesas, lonxe de  estereotipos (que son bonitas, delicadas, educadas e moi moi femininas), por iso no conto se  explica que as princesas poden ser de moitas maneiras, tantas como desexen. Incluso as ilustracións de todo o relato son realizadas con cores neutras, non connotadas.. Esta princesa viste de todas as cores, dende marrón, a azul, a amarelo….Deste modo, as personaxes que forman parte do relato non os clasifica en función do seu xénero. Coa lectura deste conto podemos transmitirlle aos nenos e nenas que cada persoa é diferente, que os personaxes de ficción, entre eles as princesas, polo que se está a propiciar unha maneira de pensamento crítico e igualitario. Desta maneira conseguirase cambiar a mentalidade da sociedade e construír un mundo máis coeducativo.

Recursos:



Ningún comentario:

Publicar un comentario