domingo, 22 de abril de 2018

El jardín curioso



Brown, Peter (2010). El jardín curioso. Ilust. Peter Brown, trad. Mireia Albert Varela. Barcelona: Takatuka, [36pp.]. (ISBN: 978- 84-92696-25-3)

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado formado por 34 páxinas de tapas duras dun tamaño de 21x28cm. Na cuberta aparece a personaxe principal, un neno sentado na cima dunha árbore mentras lee un libro, e ten ao lado unha regadeira. Móstrase unha especie de xardín con árbores que teñen forma de paxariños e bolboretas. Na contracuberta vese a imaxe do neno camiñando por unha beirarrúa cunha carretilla na que leva a regadeira, o libro e outras ferramentas. Ademais aparece unha frase que pon: Un niño en busca de un mundo más verde… avanzando de jardín en jardín, facendo con esta, unha pequena síntese do que trata o conto. No interior do libro vaise narrando en cada páxina a historia e ao carón vai aparecendo a ilustración da situación que se está a describir. As imaxes son moi coloridas e están cheas de detalles polo que fai que sexa un conto visualmente atractivo para os nenos.
Cóntase a historia de Liam, un neno que vivía nunha cidade que non tiña nin xardíns, nin árbores nin plantas. Case todos os habitantes pasaban a maior parte do tempo encerrados nas casas polo que era unha cidade moi triste. Pero Liam era diferente, a él gustáballe estar fóra da casa fixese o tempo que fixese. Un día que estaba de paseo por xunto a antiga liña do tren topou unhas escaleiras escuras que daban as vías. Acercouse alí e encontrou plantas e flores que estaban xa marchitas. Liam non era xardineiro pero quixo axudarlles, polo que, a mañá seguinte volveu para poñerse mans a obra. Ao principio non se lle ía dando moi ben o tema da xardineria, de feito o primeiro día as plantas estiveron a piques de morrer afogadas, pero estas foron esperando con paciencia a que o neno fose adquirindo unha maior experiencia. Co paso das semanas, Liam empezou a sentirse un fantástico xardineiro e o xardín comezou a ter vida propia expandíndose por toda a cidade e cambiando todo por donde pasaba, aparecendo así unha nova natureza chea de  xardíns, plantas, flores, etc.

Potencialidades educativas: a obra está recomendada para nenos maiores de cinco anos. Con ela podemos traballar aspectos educativos sobre a natureza, así pois, serve para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia que ten o cuidando desta, e dicir, o noso entorno en xeral.  Un libro educativo que permite facerlles ver a necesidade de manter e cuidar o noso ambiente. Deste xeito, con este conto intentarase fomentar nos nenos valores tan importantes como o respeto e a sensibilidade ante a natureza.

Recursos en liña:







1 comentario:

  1. Moi boa entrada, Alba!! Grazas por aportar información sobre un libro tan interesante como este, ademais de por videos que mostran o seu contido. Sen dúbida, un gran traballo!

    ResponderEliminar