luns, 5 de marzo de 2018

Unha pantasma con asma


Gil, Carmen (2008). Unha pantasma con asma. Ilust. Sarah Webster, trad. Marisa Nuñez. Pontevedra: Kalandraka Editora [40 pp.] (ISBN: 978-84-8464-012-7).

Descrición do formato e contido da obra: é un álbum ilustrado de forma cadrada e de tapa grosa e dura, o que permite unha mellor manipulación para os nenos e nenas. A obra conta cunha cuberta e contracuberta que forman unha única unidade. No título sobresaen as sílabas “asma”, xa que se trata dun relato en verso. Na cuberta do libro encóntrase a protagonista que é a pantasma. Esta, está mirando cara á esquerda, incitándonos desta maneira a entrar no libro e descubrir o que lle ocorre. Na portada amósase un gatiño, deste xeito, vainos introducindo no conto. O gatiño aparece en case todas as ilustracións do conto, o que demostra ser unha personaxe de suma importancia na obra, representando a soidade. As ilustracións son relevantes na obra, posto que se complementan co texto. É moito máis doado para un neno ou nena de descubrir o que acontece mediante as imaxes. Grazas a elas, espertaremos o seu interese pola obra. Ao longo do relato hai  moitos elementos simbólicos, neste caso representando o movemento, como na imaxe que se presenta de seguido:


Con este conto coñeceremos a historia de Godofredo, o matasáns, que irá visitar a unha enferma un pouco peculiar: unha pantasma que tose e esbirra moito. Esta pantasma está sempre metida na cama do mal que se sente. Vive nunha casa moi fría, húmida e solitaria, apartada de todo e de todos. Descóbrese que a pantasma non ten ningún mal, o que lle pasa é que necesita cariño. Golfredo encargarase de darlle a receita que cura todos os males.


Potencialidades educativas: esta obra é unha historia rimada chea de humor e ilustracións impresionistas nas que o amor e os bos sentimentos se enfrontan coa soidade e o mal humor. Ata as pantasmas poden chegar a contraer enfermidades, sobre todo se viven en ambientes solitarios. Grazas ás rimas desta historia irase receitando o remedio infalible que cura todos os males, que é o cariño e o amor, e non só iso, senón tamén a achega dos alumnos á fantasía e a xogar cos poemas. Os nenos gozarán moito da obra co humor, este xoga un papel moi importante na historia. Ademais, atoparanse cunha personaxe estrafalaria e excéntrica que, aínda que está moi necesitada de agarimo e de amizade, os animará a estimular a súa imaxinación. Outro aspecto importante a destacar son as ilustracións, xa que recrean un ambiente fantasmagórico para unha historia poética e esdrúxula.

Recursos de interese:
·       Blog no que se conta a obra e se realizan manualidades:
http://la-bichera.blogspot.com.es/2013/11/materiales-para-un-cuento-el-fantasma.html (blog chamado: la bichera, publicado o 5-11-2013 (visto o 23-02-2018).

Blog no que utilizan esta historia para o día de Halloween. Ademais diso, realízanse manualidades co fin de elaborar unhas pantasmas: https://myriam-elbaldelosrecursos.blogspot.com.es/2012/10/un-fantasma-con-asma.html. Este blog corresponde ao CEIP Fray Albino de Santa Cruz de Tenerife (visto o 23-02-2018).

 Dramatización da obra publicada o 27-10-2015 por biblioteca biblioteca: https://www.youtube.com/watch?v=0Ot392-kk2w (visto o 23-02-2018).
·         
      Dramatización da obra, realizada polo alumnado da escola de Paradela CRA de Meis, publicado o 22-10-2018: https://www.youtube.com/watch?v=mi_AOtZZwVI (visto o 23-02-2018).

·  Narración dunhas nenas que contan a historia da pantasma: https://www.youtube.com/watch?v=DrrgzKScLdA publicado por Maruje o 28-05-2014 (visto o 23-02-2018).
  
  O seguinte recurso é un video no que se vai contando o que ocorre na historia: https://www.youtube.com/watch?v=4Y7at-V8OCQ recollido na conta de Youtube de David Francisco publicado o 14-04-2012 (visto o 23-02-2018).

· Representación do conto, publicado o 10-01-2015 por Lucía Castellano Valverde: https://www.youtube.com/watch?v=Yqm5REEXylc (visto o 23-02-2018).





Ningún comentario:

Publicar un comentario