Pérez, Fernando (2015). A Escada Vermella. Ilust. do
autor. Trad. Manuela Rodríguez. Pontevedra: Kalandraka, col. demademora, [30
pp.]., (ISBN: 978-84-8464-950-2).
Breve descrición do formato e contido da obra: A escada vermella é un álbum ilustrado de tamaño de 20 x 20
cm. Na miña opinión, a idade recomendada para ler este libro sería de 0 a
5 anos. O seu formato é cadrado e conta cunha cuberta e contracuberta de tapa
dura. Na primeira aparece a imaxe do protagonista da historia, o título do
álbum en letras vermellas e o nome do autor e editorial. Na segunda, aparece o nome da colección e a imaxe do ceo,
onde van ter lugar os feitos. No seu interior, as gardas recrean tamén a paisaxe
onde se vai desenvolver a historia. As súas páxinas contan cun gran grosor, o
que permiten unha doada manipulación.
A escada vermella representa as complicacións que nos pomos a nós mesmos
para conseguir o que poderíamos lograr dunha forma máis doada se tivésemos
confianza en nós mesmos. A cor vermella da escada fai referencia a forza, ao
poder de superación. Con esta escada, o protagonista busca chegar a onde se
propoña aínda que non confíe nas súas ás. A historia
ten lugar no aire libre, o que permite ao protagonista ir cambiando de espazos
constantemente comezando e rematando polo máis baixo como é o chan, pasando
polo tellado dunha casa, ás árbores, ás nubes e á lúa.
O protagonista deste conto, un paxariño moi viaxeiro, quería chegar cada
vez máis alto, ás nubes, á lúa… e para iso ía sempre acompañado dunha escada.
Un día, perdeu a escada, e un amigo del que o seguiu en todas as súas
viaxes, viuno moi triste e aconselloulle que non o estivera que como bo paxaro
el podía voar.
Potencialidades educativas: esta obra permite traballar cos nenos a autoestima, xa que mediante a
anécdota do paxariño de non confiar en si mesmo en poder voar, se lle pode
facer ver a importancia de valorarnos a nós mesmos, en crer en nós e nas nosas
posibilidades, creando unha seguridade e confianza que lles vai permitir
conseguir os seus obxectivos que sempre se propoñan. Por outro lado, é un libro
que axuda a memoria dos nenos xa que se pode entender como un libro con
estrutura repetitiva, é dicir, repite a mesma organización das escenas varias
veces, como por exemplo “para subir aos tellados”, “para subir ás árbores”,
“para subir ás nubes”. Con ela tamén se poden practicar conceptos como
subir e baixar, as distancias e observar como cambian as cousas de tamaño en
función da situación dende a que o vexamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario