González, Olalla (2008). Garavanciño. Ilust. Marc Taeger. Pontevedra: Kalandraka, col. Os contos do trasno, [40 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-682-2).
Breve descrición do formato e contido da obra: Garavanciño é un conto tradicional adaptado nun álbum ilustrado cun tamaño estándar e é manexable para os nenos e nenas. É de tapa dura e na cuberta pódese ver a Garavanciño. Neste conto encontramos ilustracións en todas as páxinas que mostran o máis importante en canto ao tema tratado. O conto ten un narrador que conta todo o que vai sucedendo ao longo da historia. A linguaxe empregada é sinxela cun vocabulario simple que os nenos e nenas poden entender á perfección. Os debuxos imitan o estilo dos nenos e nenas, o que vai facer que chame máis a súa atención. En canto á idade recomendada, é para nenos e nenas de 5 anos en diante.
O o álbum achéganos a a historia de Garavanciño, un neno moi pequeniño. Un día, á nai de Garavanciño faltáballe azafrán e el ofreceuse a ir compralo. Nun principio a súa nai non quería que fora, pero finalmente foi capaz de convencela e foi á tenda a compralo. Logo foi levarlle o almorzo ao seu pai e comezou a chover moi forte e Garavanciño tapouse debaixo dunha col, pero un boi que pasaba por alí comeuna, engulindo con ela tamén a Garavanciño que berraba dende dentro das tripas do boi ata que o escoitaron, o axudaron a saír e Garavanciño foi para casa cos seus pais.
Potencialidades: este é un bo conto para ler aos nenos e nenas porque a súa ensinanza principal é a de que Garavanciño, aínda sendo tan pequeniño é capaz de enfrontarse con firmeza e confianza aos problemas que lle xorden. Grazas a isto, os nenos e nenas entenderán que ante unha dificultade non teñen que asustarse nin ter medo, senón que deben actuar con ánimo ante ela. A valentía é outro valor que se ve reflectido, xa que Garavanciño demostra que é valente porque quere facer os recados a pesar das advertencias que lle fai súa nai. Por outro lado, este conto tamén mostra a desobediencia de Garavanciño cando a súa nai lle aconsella que quede na casa. Os nenos teñen que ver que non poden desobedecer aos seus pais e que se o fan pode ter consecuencias.
Recursos en liña:
Estévez, M (2013). Garavanciño [vídeo]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=6m7TUj0VT8k (Consultado o 22/02/2018). Vídeo do álbum lido por un neno.
Ningún comentario:
Publicar un comentario