Cali, Davide (2005). Un papá a la medida. Ilustr. Anna Laura Cantone. Zaragoza:
Edelvives, [30 pp.]. (ISBN: 84-263-5485-3).
Breve descrición do formato e
do contido da obra: álbum ilustrado de
formato cadrado, con tapa dura e unhas dimensións de 19,2x14,0 cm. En todo o
libro as cores son diversas, destacando o roxo do abrigo da nai por encima de
calquera imaxe. As ilustracións son de tamaño grande, ocupando todo o marco
nunha mesma páxina e intercambiando a posición: nalgunhas aparecen en vertical
e noutras en horizontal, favorecendo a manipulación e captando a atención das
crianzas. As imaxes son suxestivas, xa que ao longo do conto, en cada acción, o
personaxe expresa sentimentos como na vida real, presentándose con diferentes
formas orixinais. Na cuberta anticípanos o contido da historia, tanto pola
ilustración coma polo título da obra. Podemos observar a diferenza de tamaños
dos personaxes: hai unha nena agarrada ás costas do pai ou nai, xa que só se
amosa ata o pescozo e non se ve o rostro, e un gato que ten un rabo moi longo
que chega ata a contracuberta. Na garda
principal adiántase información sobre as protagonistas e na final vemos a
protagonista co seu novo pai.
A protagonista
da historia ten unha nai que para ela é a mellor nai de todas, a máis guapa,
lista, deportista, forte, pero non ten un pai, polo que decide buscar un papá
pero ten que ser máis forte, grande, guapo, intelixente…Puxeron un anuncio para
encontralo coas condicións desexadas e ao final acabaron encontrando un que non
cumpría ningunha das súas expectativas pero que lles gustaba porque era
diferente aos outros papás, contaba poemas, cociñaba e era moi bo.
Potencialidades educativas: con esta obra podemos traballar cos nenos/as que cada
pai e nai son diferentes e que non todos/as teñen que ser iguais pero si que
todos/as son os/as mellores. Utilizalo para que cada crianza saque o mellor de
cada un e aumentar a autoestima. Preguntarlle aos nenos/as como é para eles un
papá e unha mamá ideal, deixando que desenvolvan a súa imaxinación. E tamén que significan para
eles, fomentando a afectividade familiar. Por último, é unha obra que se presta
para abordar os diferentes tipos de familia e a diversidade.
Recursos
de interese:
Martínez, Trinidad
(2012). Un papá a la medida. En
Enseñando y aprendiendohttp://mariposasdecoloresamalia.blogspot.com.es/2012/03/un-papa-la-medida.html
(consultado 10/03/2018).
Martínez, Maribel
(2012). Un papá a la medida. En
Caricias en cuentoshttp://cariciasencuentos.blogspot.com.es/2012/05/un-papa-la-medida.html
(consultado 10/03/2018).
Luís (2017). Un papá a la medida. En Soñando cuentoshttp://sonandocuentos.blogspot.com.es/2011/01/un-papa-la-medida.html
(consultado 12/03/2018).
Merimimi (2011). Un papá a la medida. En SlideSharehttps://es.slideshare.net/Merimimi/un-pap-a-la-medida
(consultado 12/03/2018).
Reyes Toral, Alberto
(2015). Un papá a la medida. En
youtubehttps://www.youtube.com/watch?v=UAnrW4KhgtE&list=PLTFsKrUIfCatHR4fnwzptVu9BW60dTaH9
(consultado 12/03/2018).
Filipe, María Joao
(2010). Un papá a la medida. En
youtubehttps://www.youtube.com/watch?v=Qat_TVaL14U
(consultado 12/03/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario