xoves, 15 de marzo de 2018

Transportables: Camiones y autobuses




Wallace, Karen e Lodge, Jo. Transportables; Camiones y Autobuses. Madrid: Edelvives, [10 pp.]. (ISBN: 978-84-263-9024-0).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado e de carácter informativo é en lingua castelá e de carácter informativo. Presenta un formato pequeno, cun tamaño de 12,5 x 12,5 cm e de forma cadrada. As páxinas son de tea con vistosas cores en cada unha das súas páxinas. Xa dende a cuberta coñecemos  a unha das súas protagonistas nun camión: unha gata. Podemos observar como en cada páxina contén un breve texto onde aparece un medio de transporte acompañado do son que fai e da palabra escrita. Ademais, consta dunha ventosa para suxeitalo á trona ou á ventá do coche e así acompañar aos máis pequenos nas súas viaxes.

Os personaxes deste conto son un can, un burro, un coello e un gato que viaxan  en diferentes medios de transporte: un coche, autobús, bicicleta, camión e furgoneta.


Potencialidades educativas: os libros de tea ofrecen aos nenos e nenas diversas experiencias sensoriais. O carácter manipulativo do libro permítelles interactuar con el de diferentes maneiras e explorar cada unha das súas páxinas, ademais de asociar imaxes e conceptos do seu contorno. Con este libro os adultos poden inicialos no coñecemento de diferentes medios de transporte, coñecer  diferentes animais e tamén poden contribuír a distinguir as primeiras cores, como o amarelo, azul, verde.... Con esta obra tamén se pode traballar as onomatopeas de cada medio de transporte mencionado no libro e polo tanto xogar á identificación de sons da lingua. Unha obra que forma parte das denominadas “lecturas vinculares”, esas primeiras aproximacións ao libro dende idades temperás, nas que a nenez goza da descuberta a través de todos os sentidos da man dos adultos que os animan a descubrir o mundo mentres se divirten.

Recursos de interese:


  • Romero, E. (14/12/2009). Aprendemos los sonidos de los transportes_Discriminación auditiva. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?v=k4e83d6AA3s

Ningún comentario:

Publicar un comentario