xoves, 15 de marzo de 2018

Os caimáns van de paseo




https://lh5.googleusercontent.com/r7_yloGwh6SPAf8bY46CQZ2P11JE1kZwV39NxKkc5uN6EDclJnU35Vv_6Vplw-au-0yjE4UKk6PuFfEzpFybnKC79bI8PPfHbRnklthccE8TEqusf5rFEr5N3nHCIQ4CX446b9o9


Sendak, Maurice (2017). Os caimáns van de paseo, Un alfabeto. Ilust. do autor, trad. Xosé Ballesteros. Pontevedra: Kalandraka, [30 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-299-2).


Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado divulgativo enumerativo e en lingua galega. É un volume de formato pequeno, ao presentar un tamaño de 12,7 x 17,7 cm de forma rectangular. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura. Na cuberta aparece a familia de caimáns protagonistas en actitude divertida sentados debaixo dunha árbore e en actitude de aprenderlle as letras ao máis pequeno.
Este conto é un alfabeto rimado que foi publicado por primeira vez en 1962 en inglés e que podemos atopalo en diferentes linguas, como catalán, portugués e castelán, na que significativamente se titula Lluvia de cocodrilos. As súas imaxes de estilo figurativo aparecen en forma de estampas, teñen cores vivas con predominio dos verdes e recrean e amplían a información contida no propio texto. O texto está formado por pareados que se inician con cada unha das letras do alfabeto en letra maiúscula, a modo de “letra capital”, dende a letra A ata o Z, ocupando cada unha delas unha páxina distinta. O contido xira arredor da vida cotiá dunha familia de caimáns, onde nos van mostrando as letras do alfabeto a través de situacións diversas, de paseo, xogando, disfrazados...


Potencialidades educativas: este alfabeto serve para introducir aos nenos e as nenas dunha maneira lúdica e creativa no coñecemento e familiarización co abecedario. Ademais ensínanos como aprender a divertirse no seo dunha familia, ao recrear escenas cotiás, cheas de humor, sensibilidade e diversión, ademais de poñer de relevancia diferentes emocións que poden aparecer con cada situación da vida familiar.

Recursos de interese:
Luis (4/02/2018). Mini biblioteca Maurice Sendak. Recuperado de http://sonandocuentos.blogspot.com.es/2018/02/mini-biblioteca-maurice-sendak.html

Ningún comentario:

Publicar un comentario