venres, 2 de marzo de 2018

Te quiero (casi siempre)





Llenas, Anna (2017). Te quiero (casi siempre). Ilust.da autora, Enxeñería do papel Yeray Pérez Valleja. Barcelona: Planeta, [22 pp.]. (ISBN: 978-84-08-16222-3).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado en pop-up, de tapa dura, con forma de cadro de 25x25cm. Está encadernado en cartón duro cunha capa de pintura vernizada polas dúas caras.
Na cuberta, encóntrase unha ilustración cos dous protagonistas, Lolo e Rita. Debaixo está o título do conto Te quiero (casi siempre) e o nome da autora. Na contracuberta, podemos observar, unhas pequena frases relacionadas coas reflexións que se darán ao longo da historia. Tanto a cuberta como a contracuberta son dun cor azul, que pode chamar a atención dos nenos.
A autora deste conto, Anna Llenas, tamén ten publicados outros álbums ilustrados, como por exemplo: Vacío, El monstruo de colores, Si yo fuera un gato, Topito terremoto e moitos máis.
As ilustracións que utiliza a autora neste libro son debuxadas con acuarelas, con cores moi vistosas e alegres. Grazas ao pop-up, solapas e mesmo unha rodiña, podemos observar como os personaxes e o escenario van cobrando vida.
En canto ao texto, este garda  unha gran relación coas ilustracións, nas que os nenos poderán observar aquilo que están lendo. A súa colocación na páxina é aleatorio sen un lugar concreto, senón que aparece onde a autora considera que é o mellor oco para el, mesmo nas solapas, na roda ou no pop-up que se vai abrindo. A nivel lingüístico, utilízase unha linguaxe fácil de comprender para os nenos e nenas e abundan as metáforas. O contido xira ao redor da historia de dous amigos, Lolo e Rita. Lolo é un bicho bola e Rita é un vagalume. Lolo e Rita son moi diferentes, pero por iso se gustan. Ao cabo do tempo, a Lolo comézanlle a molestar cousas de Rita e a Rita de Lolo. Os dous protagonistas acaban enfadados, aínda que ao pouco tempo se dan conta de que aquilo que os fai diferentes é o que anhelan un do outro. Por tanto, aprenden a respectar as súas diferenzas, adaptándose e gozando delas.

Potencialidades: unha das principais potencialidades que ten este libro é a súa capacidade de suxestión e de achegamento ás emocións, tanto grazas ás ilustración como ao seu texto tan delicado e metafórico. Creo que trata diversos temas que se deben potenciar desde a infancia. Un deles é  o respecto e cariño pola diversidade, por aquelas persoas que teñen gustos diferentes aos nosos, gustos que nós ao mellor non coñecemos nin lle damos tanta importancia, pero que no fondo se alguén nolos ensina poden ser moi interesantes, podemos aprender deles e gozalos. Por outro lado, está a capacidade de empatía para poñerse no lugar dos demais e a importancia de ceder un polo outro, xa que se ningunha persoa cedera, todos viviriamos enfadados. Ademais, a través do vocabulario deste conto e a confianza que nos transmite o seu texto potenciará tamén a expresión dos sentimentos e a dicir “Quérote”, palabra clave que a autora inclúe no título deste libro, xa que, canto menos se potencie esta palabra, máis lles custará nun futuro aos nenos dicila, a pesar da súa importancia.

Recursos didácticos de interese e estudos sobre a obra:


Ángela Marchán (2011). Rincón de una maestra en Córdoba http://rincondeunamaestra.blogspot.com.es/2016/04/tres-en-raya-rita-y-lolo.html (consultado o 20/02/2018).
“Canción ‘Te quiero”. En Anna Llenas. Página personal de la autora https://www.youtube.com/watch?v=odNnoHp7IYE  (consultada o 20/02/2018).
Lilibelyss cuentacuentos (2017): https://www.youtube.com/watch?v=JT_jYpMXocE (consultado o 20/02/2018).

Ningún comentario:

Publicar un comentario