venres, 30 de marzo de 2018

Pitusa Semifusa




Brañas, Olga (2016). Pitusa Semifusa. Ilust. Leandro Lamas. Vigo: Galaxia, col. sonárbore, [27 pp.]. (ISBN: 978-84-9865-525-4). Libro con cd.

Breve descrición do formato e do contido da obra: álbum ilustrado de carácter literario y poético, escrito en galego, de tapa dura. Na cuberta encontrase o título na parte superior, cun debuxo de 3 persoas onde cada un ten un instrumento e toda ela está formada por cores vistosas, tamén atopamos na cuberta o nome da autora, do ilustrador, da editorial e da colección. Na marxe superior dereito, atopamos o debuxo de un CD co mesmo nome que a obra. É un anticipo de que a obra ven acompañada dun recurso musical que a complementa. Isto supón unha sinal de identidade de identidade da colección sonarbore.

Na contracuberta atopamos un debuxo de neno, un gato e 2 dous paxaros, tamén en cores vivos., repítese o nome da editorial e tamén hai un pequeno texto que nos invita a coñecer o contido do álbum. En canta o contido da obra, Pitusa Semifusa é un mollo de cancións de Olga Brañas protagonizadas por unha nena dese mesmo nome, neta de unha famosa directora de orquestra e que, logo de herdar dela un gramófono, sente curiosidade por coñecer todas as familias de instrumentos. Ao longo das distintas cancións, nas que participan as voces e os músicos máis importantes de galicia, Pitusa Semifusa irá avanzando po los pentagramas de todos os instrumentos, de tal xeito que a medida que van avanzando os temas, se van incorporando mais e mais ata rematar nunha Festa Musical. Cada canción está acompañada dunha imaxe a dobre páxina. Os personaxes sempre saen tocando algún instrumento ou cantando. O seu rostro sempre reflexa cara de ledicia. Os debuxos están representados de maneira figurativa e con cores moi vistosas que chaman a atención dos nosos lectores. Isto despertará a curiosidade dos máis pequenos e pequenas.

Potencialidades: este álbum ilustrado permite ensinar conceptos musicais básicos, tales como coñecer as diferentes familias de instrumentos, a través de cancións compostas por importantes músicos do panorama galego, empregando a música para ensinar a música. Propicia a interculturalidade a través das imaxes. Pódense traballar con distintos escenarios. Non só ensina conceptos técnicos senón que ensina a gozar da música a través de distintos sentidos (vista, oído…). Permite transmitir emociones positivas. A obra ten un sentido acumulativo, os instrumentos, que se van enumerando ao longo da obra, revívense nunha gran festa.

Recursos:
-Sonárbore (2014). Pitusa Semifusa. [Videoclip]. Recuperado de: https://www.youtube.com/watch?V=dnnwwgriVKM. (Canción incluida no disco-libro “Pitusa Semifusa” da colección Sonárbore.

Ningún comentario:

Publicar un comentario