venres, 30 de marzo de 2018

Cuervo




Resultado de imagen de cuervo leo timmers



Timmers, Leo (2017). Cuervo. Ilust. do autor, trad. da editorial. Alzira: Algar, [24 pp.]. (ISBN: 978-84-9142-084-2).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura, cunhas dimensións de 22x26cm. Está encadernado en cartón duro cunha tapa de pintura vernizada polas dúas caras. Na cuberta, encóntrase unha ilustración do protagonista, un paxaro chamado corvo, sostendo co seu pico botes de pintura. Debaixo da ilustración está o nome do autor en cor azul, o título do conto en negro e máis a editorial desta edición. Todo isto encóntrase tras un fondo branco. Na contracuberta, podemos observar, a sipnose do conto en branco baixo un fondo totalmente negro.Destacar que o autor deste libro, Leo Timmers, tamén ten publicados outros álbums ilustrados, como por exemplo: Unha casa para Tom e Yo soy el rey.
Canto ás ilustracións, aparecen sobre un fondo branco, os protagonistas están cheos de expresividade grazas aos xestos, movementos e posturas que o autor lles imprime aos personaxes. Por outra banda, en canto ao texto, podemos observar que está escrito en castelán, que hai moi pouco texto e que este ten unha letra grande e clara. A nivel lingüístico, utilízase unha linguaxe de fácil comprensión, adecuada para os máis pequenos. O contido xira ao redor do protagonista, un corvo que se sente diferente porque non ten cores coma os demais paxaros da súa zona, estes téñenlle medo e non queren xogar con el. O corvo quere ter amigos e idea un plan moi enxeñoso, decide pintarse con diferentes cores para parecerse aos seus amigos, primeiro pintarase de carboeiro, logo de cotorra e por último de pinzón, pero os paxariños séguenlle tendo moito medo, é demasiado grande. Corvo chora de tristura porque ninguén o quere e a pintura comeza a caer das súas plumas, neste momento aparecen os tres paxariños que sempre andaban por alí, que pensan que corvo espantou aqueles tres paxaros tan grandes e coloridos e, a partir deste momento, corvo converteuse nun heroe para eles e tamén no seu amigo.

Potencialidades: unha das principais potencialidades que ten este libro é a aprendizaxe de aceptación das persoas que nos rodean tal e como son, é dicir, o amor pola persoa e non polo físico que estamos a ver, un tema moi importante a traballar entre os máis pequenos. Por tanto este libro podería ser de grande axuda na nosa aula para transmitirlle estes valores. Outro aspecto a potenciar sería o respecto pola diversidade, por aquelas persoas que son diferentes a nós, que veñen de diferentes culturas, que teñen distinto cor de pel, ou calquera outra característica que os diferencie de nós. Por último, a necesidade da amizade, de ter un compañeiro co que xogar, compartir sorrisos e anécdotas, tamén sería outro aspecto potenciado polo libro. Estes tres aspectos que nos mostra o libro, son moi importantes a traballar desde unha idade temperá.

Recursos en liña:
Kireei (s.f.). Cuervo, de Leo Timmers. Recuperado de: http://www.kireei.com/cuervo-de-leo-timmers/ (consultado el 18/03/2018).

Ningún comentario:

Publicar un comentario