martes, 6 de marzo de 2018

Os Bolechas: Volta a Muros en carrilana




Carreiro, Pepe (2006). Volta a Muros en carrilana. Ilus. do autor. Vigo: A Nosa Terra, col. Os Bolechas van de viaxe, [27 pp.], (ISBN: 84-8341-020-6)

Breve descrición do formato e contido da obra: Os Bolechas: Volta a Muros en carrilana é un libro orixinal en lingua galega que consta de 27 páxinas; encadernado en cartoné e con ilustracións en cor. É un libro que presenta unha estrutura encadeada onde atopamos unha reflexión sobre as trampas e a falta de deportividade, ademais de coñecer aspectos culturais de Galicia. En canto á idade recomendada, é apropiado para os nenos e nenas de 6 anos en adiante. 

Tematicamente trata dunha carreira de carrilanas na que un concursante fai trampa xa que a súa carrilana equipa un motor, algo prohibido na competición pero a organización da proba non o expulsa. Con esa vantaxe logra a vitoria pero ao chegar á meta cáenlle os pantalóns e venselle pelos nas pernas polo que todo o mundo se dá conta de que non é un rapaz.

Potencialidades: hai que destacar que traballa a falta de deportividade e as trampas no deporte, algo moi importante para todos os rapaces e rapazas que se atopen na idade recomendada.Outra das potencialidade reside en que ó ler este libro coñécense aspectos culturais de Galicia como a carreira de carrilanas de Esteiro. Ademais é un libro moi fácil de ler xa que ten pouco texto, posúe caracteres grandes e a unha lectura ben acompañada de un gran número de imaxes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario