martes, 6 de marzo de 2018

Non quero ser un polbo!

Chessa, Francesca (2012). Non quero ser un polbo! Ilust. da autora. Pontevedra: OQO editora, col. OQO, [28 pp.]. (ISBN: 978-84-9871-391-6).

Breve descrición do formato e do contido: álbum ilustrado de tipo narrativo con encadernación a cartoné, formado por 12 páxinas e tapas duras dun tamaño de 26x24 cm. Na cuberta aparece a personaxe principal, un polbo chamado Octavio, acompañado polos seus amigos mariños, mentres que na contracuberta se pode ver unha ilustración dun pescador no seu barco. Ambas as dúas, cuberta e contracuberta, están debuxadas en cores que representan o mar, como son o azul nas súas distintas tonalidades. En cada páxina do libro a ilustradora presenta a personaxe principal acompañado por diferentes animais mariños e o diálogo que se dá entre eles. Estes, escríbense en letra grande, de forma breve e sinxela. O libro conta a historia de Octavio, un polbo que quere deixar de ser polbo porque non encontra o seu espazo no fondo do mar. Gustaríalle formar parte do circo do fondo do mar pero pensa que os seus tentáculos son un estorbo. Finalmente, Octavio consegue encontrar a calidade na que destaca e a que ningún amigo mariño posúe, converténdoo nun ser moi importante para salvar a todos os seus amigos das perigosas quenllas.





Potencialidades educativas: coa lectura deste libro trabállase a autoestima, aceptación e a valoración positiva dun mesmo. Con el pódese reflexionar sobre as calidades que cada un posúe e que quizais estean infravaloradas. En Octavio podemos apreciar as comparacións persoais que se fan, valorando as calidades dos demais por riba das propias. Cada persoa posúe unha característica que a define, só hai que saber valorala para atopala. A súa vez da a posibilidade de familiarizarse con distintos elementos da natureza mariña como os animais e as calidades polas que destacan. Por exemplo no caso no polbo
Foi motivo do programa: Nos tamén creamos! Para a promoción da adquisición, do uso e da valoración da lingua galega na aula. No que diferentes centros presentaron as súas propias curtametraxes sobre o conto.

Recursos en liña:
·         Adaptación e ilustración realizada polos nenos e nenas de 5º curso de Primaria do CEIP Plurilingüe de Covas-Viveiro (Lugo): http://covastk.blogspot.com.es/2014/02/non-quero-ser-un-polbo-kamishibai-feito.html (Consultado o 20/02/2018)
·       Curta realizada polos nenos e nenas do 1ºcurso A e a súa titora do CEIP Carlos Casares de Nigrán (Pontevedra) para o programa: Nos tamén creamos! http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/a-min-non-me-comas-ceip-carlos-casares (Consultado o 20/02/2018)
·       Curta elaborada por un grupo de mestras-es do CEIP Juan Fernández Latorre (A Coruña) para o programa: Nos tamén creamos! https://www.youtube.com/watch?v=g_duVybmA_g (Consultado o 20/02/2018). 
Libro para á lectura en liña elaborado polo grupo de nenos e nenas de 3 anos do CEIP de Castrelo (Pontevedra): https://es.slideshare.net/ceipdecastrelo/non-quero-ser-un-polbo (Consultado o 20/02/2018)

Ningún comentario:

Publicar un comentario