martes, 6 de marzo de 2018

Del más miedoso... Al más valiente




Roca, Nuria (2005). Del más miedoso… Al más valiente. Ilust. Rosa Mª Curto. Barcelona: Edebe. col. Desde... hasta… 35 pp. (ISBN: 84-236-7767-2).

Breve descrición do formato e contido da obra: Álbum ilustrado divulgativo e instrutivo que combina imaxes con texto. É un libro de forma cadrada (24 x 24 cm) coas tapas duras. Na cuberta establécese unha relación cromática coa contracuberta pero sen estar relacionadas as imaxes que nelas se observan, é dicir, na primeira reflíctense os protagonistas da historia e na segunda un pequeno resumo da autora; todos eles enriba de fondos azuis e brancos.
Así mesmo, nas gardas aparecen plasmados todos os monstros, morcegos ou pesadelos que se deixan ver ao longo da historia. Teñen un aspecto ridículo, humorístico e mesmo cómico, malia que se tratan os medos.
En todas as páxinas intercálanse imaxes e texto, que se complementan entre sí coa finalidade de explicar o que acontece ao longo dos relatos e que resulte máis sinxela a súa comprensión.
En canto ao contido da obra, trátase dun libro no que se expoñen varias historias relacionadas cos medos e solucións, que ao mesmo tempo, serven para facerlles fronte. No que respecta aos personaxes, pódese observar como a autora fai unha comparativa entre aquel que ten medo fronte ao valente que se enfronta a eles. Para iso, xoga coas cores, empregando o azul para plasmar os medos xunto cos seus protagonistas e en fondos brancos resáltase o personaxe valente.
Ao final da historia, o libro conta con dúas páxinas de actividades que se poden realizar tras ler o relato, xa sexa como xogo ou para ver o que aprendeu o neno. Ademais, despois dos exercicios tamén aparece unha guía para os pais na que se explican cales adoitan ser os medos, dependendo da idade dos nenos e como se poden prever.

Potencialidades educativas: Trátase dun libro axeitado para traballar con nenos e nenas a partir dos 5 anos o tema dos medos. Este sérvelle ao mediador para facer protagonistas aos nenos, buscando que sexan eles quen expoñan cales son os seus o como se poden traballar.
Por outra banda, unha segunda lectura entreliñas que se pode facer do mesmo e a ruptura que a autora fai das expectativas, xa que todos os elementos que forman parte do pánico e do terror ao final conforman compoñentes da risa e da comedia.
Destacar ademais, que esta obra serve para potenciar a autoestima e a autosuperación grazas aos consellos que se evidencian nela de como loitar contra o medo que un ten.

Recursos de interese:
  • Álbum ilustrado Una pesadilla en mi armario. Recurso para traballar o tema do medo e de como enfrontarse a el da editorial Kalandraka. Este reflicte a historia dun neno que ten un pesadelo en forma de monstro gardado no seu armario e que un día decidirá facerlle fronte. Recuperado de http://revistababar.com/wp/una-pesadilla-en-mi-armario-2/7
  • Contacontos da obra Cuando Marcelo dejó de tener miedo promovido pola escritora e coordinadora da Rede Internacional de Contacontos (RIC) Beatriz Montero. Recuperado de https://youtu.be/D5weOYgTCws.








Ningún comentario:

Publicar un comentario