Aguilar, Luisa (2007), Orellas de bolboreta, ilust: Neves André, traduc: Rodríguez Manuela, Pontevedra, colec: Demademora, (+4anos) [12pp], ISBN: 9788484646624
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapas duras e resistentes. A cuberta presenta a protagonista do conto, Mara, xunto a unha bolboreta que remite directamente cara ao título da obra. Na contracuberta amósase un fondo floreado. No interior o texto é moi breve con letra moi sinxela e clara e unhas imaxes moi significativas xa que recrean e amplían a información do texto, que convive coas imaxes en diferentes planos. As repeticións e reiteracións do texto favorecen a memorización das estructuras e tamén que os máis novos sigan o fío da historia.
Este conto narra como unha nena chamada Mara padece as burlas dos seus compañeiros e compañeiras polo seu aspecto físico e a forma de vestir. Fronte ás chanzas e risas dos seus iguais, Mara conta co apoio e amor de súa nai, quen é capaz de ofrecerlle unha imzaxe positiva de todas as súas peculiaridades.
Potencialidades: É un libro onde hai repeticións, polo que é máis fácil que os nenos/as non se perdan e se poidan involucrar no conto. Por outro lado podemos traballar cos nenos/as a discriminación, ensinarlles que todos temos as nosas particularidades e non se pode discriminar a ninguén, xa que todos somos iguais e como sacar o positivo das cousas. Ademáis diso, destaca a forza de vontade por superar as adversidades dunha forma positiva, ,a alta autoestima,a capacidade de ver o lado positivo das cousas,a imaxinación, a ser independente e non deixarse manipular polos demáis,a aceptarse así mesmo,por último decir que é un libro circular xa que retorna o punto de partida onde todo empezou ,nesto observámolo porque no comezo dinlle a Mara -orellotas- e ela responde con que son orellas de bolboreta mentres que, no final vólvenlle a dicir o mesmo, soamente que, desta vez ela recoñece que si que é unha orellotas pero que lle da igual.
Recursos de interese:
Canción publicada por Davinfa referida ao libro do blog “Cuentos encantados” visto o día 24/02/2018 en http://cuentoscantados.blogspot.com.es/2012/10/orejas-de-mariposa-cancion.html
Actividades de Isabel Bronchales descargables en “Cuentos que cuentan” visto o día 24/02/2018 en https://issuu.com/isabelbronchales/docs/orejillas_def
Ningún comentario:
Publicar un comentario