Ciraolo, S. (2016). Las arrugas de la abuela.
Ilustr. Simona Ciraolo, t. Anna Llisterri. Valencia: Andana Editorial,
col. Álbum Locomotora, [40 pp]. (ISBN: 978-84-16394-42-5).
Breve descrición do formato e contido: Las arrugas
de la abuela é un álbum ilustrado de tapa dura,
publicado pola editorial Andana, dentro da colección “Álbum locomotora” no ano
2016.
Na cuberta atopamos a imaxe dunha avoa e unha neta
abrazadas e compartindo miradas, rodeadas dun ambiente natural e moi floral, xa
que a historia se conta dende o seu invernadoiro. Ao abrir o libro
encontrámonos coas gardas, onde recollen a vida da avoa e figuras que
adiantan a historia que esconde. A portada acolle unhas agullas, que tamén
están en relación co momento no que avoa cose para a súa
irmá. As páxinas están encoladas, a letra ten un tamaño adecuado que
permite ler a unha certa distancia , son de cor negra e situadas en cada
páxina na maioría do conto. As imaxes son realistas e ocupan dúas follas,
utilizan cores cálidas e vivas que axudan a crear un ambiente familiar e
afectivo, ademáis de situar ao lector en cada momento concreto que
se describe. As ilustracións teñen detalles que o texto non describe, por
exemplo a noite na que a avoa coñeceu ao avó ou o final da obra. Son
imaxes moi expresivas, que falan por si soas, sen precisar do texto
e favorecendo que sexa o lector quen descifre o momento e contido de cada
escena. Polo tanto, a figuración complementa o texto e ambos os dous
gardan relación e coherencia, facendo que o fío da historia teña sentido. A
linguaxe é sinxela, utiliza oracións simples e doadas que suscitan a
imaxinación e recreación do conto por parte dos pequenos. Aparece a alegría
fronte á tristeza, sorpresa e medo, amor e despedida.
Na historia aparecen dúas protaginistas: a avoa e a
súa neta. A neta curiosa pregunta sobre as engurras da avoa, e aí comeza a
asociar un motivo a cada unha delas en función da expresión facial. Por exemplo
as da fronte son producidas pola sorpresa e as da boca pola felicidade ao
sorrir. As personaxes secundarias son o resto da familia. Desta obra tamén hai
unha edición en lingua catalá.
Potencialidades educativas: É un conto moi
acaído para traballar as emocións, a afectividade e a empatía cos maoires. A lectura
está recomendada para nenos/as de 3 anos en adiante. É unha obra cunha gran
carga sentimental, polo que sería moi adecuado para presentar no momento en que
se fale da familia, para celebrar o día do avó/avoa ou para facer ver o que
sería unha boa relación fraternal.
Recursos de interese:
- Eva (2017). “Pekeleke”. Consultado
28/02/2018. http://pekeleke.es/libros/las-arrugas-la-abuela-simona-ciraolo/
- Mamá y Naiara (2017). "Mamá y Naiara". Consultado 28/02/2018. https://www.youtube.com/watch?v=b6CglVnleTo
Ningún comentario:
Publicar un comentario