venres, 2 de marzo de 2018

Conmigo



Van Genechten, Guido (2001). ConMigo, ilust. do autor, trad. Agustín Gervás, Zaragoza: Edelvives, [26 pp.]. (ISBN: 84-263-4581-2).

Descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de formato rectangular (30x22cm), de gran tamaño e tapa dura. Na cuberta observamos unha imaxe dun oso e un neno, sentados nunha árbore. Enriba deles, o título (conMigo) aparece en letra grande coa "M" en maiúscula, por que é o nome do oso e, debaixo, o autor do libro. O fondo é de cor lila con estrelas amarelas.Na contracuberta aparece, na parte superior, a lúa e as estrelas e, na parte de inferior,un breve resumo do contido da obra. As gardas son de cor azul, que representa o pantalón do oso que vai aparecendo en case todas as páxinas. No interior do libro, as páxinas son grosas e as ilustracións son orixinais, alegres, coloridas e de gran tamaño. As imaxes teñen pequenos detalles que ilustran o divertido que é ter un amigo chamado "Migo". Os debuxos están repletos de humor e sorpresa, e animan todo o que lle rodea ó neno, mostrando sempre situacións e obxectos do entorno cotiá. Os textos son sinxelos, breves e de cor negra, situados nas diferentes páxinas. Algúns aparecen na parte superior e outros na parte inferior. O autor xoga coas cores para transmitir o aburrimento, o medo ou a felicidade que sente o neno.
A historia presentanos a un neno que pese a telo todo (xoguetes, gato, pais, cariño...), se sente moi só. Ata que un día, grazas ó poder da súa imaxinación, soluciona o problema e descobre a Migo, un oso moi grande.

Pontencialidades: atopámonos ante unha obra que trata diferentes temas de interese (amor, familia, imaxinación, animais, etc.), coa cal os nenos e nenas poden interaccionar. O que se pode traballar con ela son: facer unha pequena asemblea, preguntándolle aos cativos e cativas ao principio se saben de que pode tratar este libro e ao acabar facer preguntas sobre el; traballar os conceptos de felicidade, medo e aburrimento, un exemplo sería dicirlles que fagan esas palabras con accións.

Ningún comentario:

Publicar un comentario