domingo, 4 de marzo de 2018

A cebra Camila



Nuñez, Marisa (2002). A cebra Camila. Ilust. Óscar Villán. Pontevedra: Kalandraka, col. demadedora, 32 pp., (ISBN: 84-8464-126-0).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de tapa dura, forma cadrada (22 x 22 cm) e encadernado en cartoné. Nas gardas atopamos unhas listas de cores, que nos pon en contexto con respecto á obra. Todas as páxinas teñen imaxes representativas do texto. As cores que compoñen o libro son saturadas, vivas e contrastadas. A letra é afiada. No texto ten unha estrutura encadeada e encóntranse oracións que se repiten e riman entre elas, facendo máis doado o seu entendemento e aportando musicalidade. Ademais en letras maiúscula atopamos os número de un ao sete, que son as bágoas derramadas pola cebra, e que acompañarán a acción de cada un dos animais que lle axuda, correndo en sentido inverso aos chorares de Camila.
A obra sitúase alá no cabo do mundo, onde vivía unha pequena cebra, Camila. Un día desobedecendo á súa nai, ao saír da casa, o vento levoulle sete listiñas do seu vestido. No seu camiño encontrarase con varios personaxes: un caracol, unha araña, unha serpe, o arco da vella, , un pato e unha chicharra que  axudarán a Camila a esquecer a súa traxedia dándolle cada un, unha listiña á súa maneira.

Potencialidades educativas: conto axeitado para nenos e nenas a partir dos tres anos, dado que coas imaxes tamén se conta a historia. A autora é mestra de educación infantil polo que coñece ben a maneira de atraer a atención dos máis cativos. A historia é un reflexo do paso da etapa da infancia, de modo que se representa de forma moi sinxela o proceso de crecer e o abandono dos cueiros. Ademais ten unha forte mensaxe da perda de identidade e amor propio, para a súa futura autosuperación e crecemento de autoestima. Isto vémolo no feito de que Camila perde as súas listas e vainas recuperando pouco a pouco. 

Algúns recursos:

Fernández Lorenzo, Nuria (2016) A cebra Camila. En:  https://primeiraslecturas.blogspot.com.es/search?q=cebra+camila (Consultado o 18/02/2018)

Obras teatrais
-Dramatización do colexio Portus Blendium de Suances:                            https://www.youtube.com/watch?v=qUz8-upahaY (Consultado o 18/02/2018) 

-Dramatización do centro CEIP Los Millares: 
https://www.youtube.com/watch?v=qWkovmE5mmc (Consultado o  18/02/2018)

-Monicreques de feltro: http://www.guritos.com/2017/02/la-cebra-camila-fieltro.html?m=1 (Consultado o  18/02/2018)

-Monicreques de cartolina: https://www.pinterest.es/pin/533043305868579449/ (Consultado o  18/02/2018)

2 comentarios:

  1. Ola! Aquí che deixo outros recursos en liña que atopei sobre a túa proposta:

    Profesora narrando o conto en video: https://www.youtube.com/watch?v=lXW5ej2EdXA (consultado o 20 de febreiro de 2018).

    Escenificación teatral del Teatro de Alcañil en un colegio: http://crafresneda.blogspot.com.es/2016/04/la-cebra-camila_14.html (consultado o 20 de febreiro de 2018).

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. ¡¡Hola!!
    Yo añadiría en potencialidades educativas el trabajar la solidaridad y la ayuda, ya que cada uno de los animales le va dando a Camila una lista sin pedir nada a cambio, simplemente porque la ven sufrir y quieren ayudarla.

    ResponderEliminar