Lionni, Leo (2016). O soño de Matías. Ilust. do autor. Pontevedra: Kalandraka editora, col. Tras os montes, [36 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-794-2)
Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado que trata sobre o cumprimento dos soños e sobre a arte. Matías é un rato pobre que un día espertouse coa intención de coñecer mundo. Un día Matías e os seus compañeiros de clase foron ao museo. Ao cabo duns días, Matías foi xunto os seus pais e díxolles que quería ser pintor e acabou conseguíndolo facendo uns cadros preciosos. Matías acabou cumprindo o seu soño que era o de ser pintor e ao seu primer cadro titulouno “O meu soño”.O libro ten unha cuberta e contracuberta que forma unha unidade. Predominan as ilustracións coloristas dos protagonistas e dos espazos....
Potencialidades: o seu visualismo favorece o interese dos máis novos, o traballo coas cores, cos animais protagonistas e a iniciación a coñecer os números. É unha historia fácil de contar e polo tanto tamén é fácil que os nosos nenos e nenas o entendan á perfección. Po último, é un bo conto para traballar a autoestima xa que todos e todas podemos cumprir os nosos soños como o fixo o rato Matías.
Recursos: Contos para traballar a autoestima. Publicado en cuentoscortos.com (2013-2018). Visto el día 4/03/2018. http://www.cuentoscortos.com/cuentos-de-autoestima
Ningún comentario:
Publicar un comentario