Damm, Antje (2015). La visita. Ilustr. Antje Damm. Girona:
Tramuntana, [40 pp.]. (ISBN: 978-84-16578-18-4)
Breve descrición do formato e do contido da obra: álbum
ilustrado de formato rectangular alargado, coas tapas duras e cunhas dimensións
19,5 x 25,5 Cm. Na cuberta
xa observamos a cor coa que nos imos encontrar ao comezo do libro, onde vai suceder
toda a historia. O título adianta chaves do que suceder, coa protagonista
escoitando como lle tocan á porta. Na garda principal está xa plasmado o
escenario no que se vai contar o conto e a cor da tristeza. Na garda final
temos o mesmo escenario pero con cores vivas polo que algo sucede durante o
relato que cambia a vida da protagonista.
As páxinas do principio do libro son de cores escuras,
transmitindo un sentimento de tristeza que, a medida que vai transcorrendo a
historia, coa chegada dun neno á casa, dá paso a unhas páxinas que comezan a
cambiar a súa cor por cores máis vivas e coloridas. As imaxes son hiperrealistas,
como se tiveras diante eses mobles que se observan, as paredes están pintadas
con témperas e a protagonista vese sobreposta a todas as imaxes. O neno e o seu
avión aparecen de cor, polo que son os causantes deste cambio na vida da
protagonista.
A historia
preséntanos a Elisa, unha señora que se sente soa e asustada na súa casa. Un día éntralle pola ventá un avión
de papel, o que a enfurece un pouco porque é moi ordenada. Decide queimalo no
forno. Ao día seguinte petan na porta da súa casa, cando abre atópase
cun neno preguntando polo avión. O pequeno pediu ir ao baño e mentres subía as
escaleiras co seu rastro, a cor das mesmas ía cambiando e tamén o de Elisa
cando Hugo lle pregunta por un cadro colgado na parede. Hugo encóntrase cunha
repisa chea de libros e pídelle a Elisa que lle lea un, e así foi; despois
xogaron, fíxolle a merenda e despedíronse. A Hugo encantoulle estar na casa de
Elisa e esta despediuse con un “¡hasta pronto!”, desexando que Hugo volvese
outro día.
Potencialidades
educativas: con esta obra podemos traballar as emocións, neste caso a
de tristeza e alegría. É unha ferramenta para traballar a afectividade entre
dúas persoas que non se coñecen de nada pero que poden darlle luz á vida da
outra persoa. Sérvenos para que os nenos/as compartan a súa diversión coas súas
avoas/ avós ou con algunha veciña que teñan. Ensínanos a que hai que coñecer as
persoas e non deixarnos fiar polas primeiras aparencias, xa que na obra Elisa
aparecía con todo escuro e Hugo en ningún momento lle tivo medo.
Recursos de interese:
Raquel
(2017). “La visita”. En Mamá y Naiara leemoshttps://mamaynaiaraleemos.org/2017/04/21/3424/ (consultado 8/03/2018).
Ningún comentario:
Publicar un comentario