venres, 2 de marzo de 2018

A familia C



Bruno, Pep (2010). A familia C. Ilustr. Mariona Cabassa. Pontevedra: Kalandraka, col. Libros para soñar, [32 pp.]. (ISBN: 978-84-8464-740-9).

Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado de formato rectangular, tapa dura e cunhas dimensións de 22x22 cm. En todas as páxinas dende que comeza a historia predomina a imaxe sobre o texto; son imaxes grandes, visuais, con cores vistosas e moi imaxinativas. Non hai equilibrio nin de forma nin de tamaño, poden predominar tanto as cores como diferentes formas nunha mesma páxina: estrelas, raias, puntos, cadrados; dándolle ao libro unha perspectiva moi circense e fantástica. Polo que se afasta da realidade, destacando por unha forza expresiva e moderna.
A obra consta dunha cuberta e unha contracuberta, na cuberta presentasenos xa aos personaxes. Unha nena con un sombreiro alto e as pernas de tres persoas, polo que xa sabemos algunhas características das figuras da historia. Na contracuberta hai unhas cuncas, unhas enriba de outras que na maneira que están proxectadas interpretamos un pouco de diversión.
A obra está publicada en castelán, La familia C; catalán, La família C; éuscaro, Z familia; portugués, A familia C; inglés, The C family e italiano, La famiglia C. Foi recoñecida co III Premio internacional Compostela para álbums ilustrados 2010 e incluído no PlanNacional de Leitura (PNL Portugal).
A historia xira ao redor dunha familia circense: nai, pai e filla. Fan a súa rutina diaria indo cada un ao seu labor de traballo. Dende a ficción a nai é médica, o pai modisto e a nena vai ao colexio, onde se divirte de maneira peculiar na arrandeira. Ao rematar cada xornada vólvense xuntar e van para o circo, onde todo se enche de cor e de imaxinación.

Potencialidades educativas: esta obra contribúe á reflexión ao redor duns valores de igualdade de xénero, ao repartir os roles na vida doméstica de modo equitativo, sen que sempre teña que ser un o que faga as cousas, senón que cada quen traballa no que lle gusta. Tamén salienta pola afectividade que se ten cos pais e a importancia de ter gustos en común para poder compartir. Outro dos aspectos a salientar é a proxección de imaxes cargadas de imaxinación, expresividade e colorido.

Recursos de interese:
Bruno, Pep (s.f.) “A familia C”. En Pep Bruno http://www.pepbruno.com/index.php?option=com_content&view=article&id=297:la-familia-c&catid=10&Itemid=64&lang=es  (consultado 4/03/2018).

Velenzuela Fernández, Berta (2013) “A familia C”. En youtube https://www.youtube.com/watch?v=NpG7Fs01vsg  (consultado 25/02/2018).

Nebreda, Ana (2010) “A Familia C”. En biblioabrazo https://biblioabrazo.wordpress.com/2010/04/09/la-familia-c-pep-bruno/ (consultado 4/03/2018).

Ningún comentario:

Publicar un comentario