venres, 2 de marzo de 2018

Elmer






Mckee, David (2017). Elmer. Ilustr. do autor. Barcelona: Beascoa, [42 pp]. (ISBN:978-84-488-4779-1).


Breve descrición do formato e do contido da obra: libro ilustrado de forma rectangular con tapas duras e grosas. Na cuberta presenta o título da obra en letra grande e de cor negro, logo, en pequeno, o nome do autor, e ademais, un debuxo do elefante de cores. O fondo está feito de cadrados cada un de unha cor. Na contracuberta aparece un círculo onde se explica o xogo que trae o libro dentro. O fondo é da mesma forma que na portada. Conta con 42 páxinas ilustradas con textos breves e de fácil lectura. As cores son diversas e vivas, polo que chama a atención dos máis pequenos. Elmer é un elefante diferente ao resto da súa manda e non lle fai nada de graza ser así, polo que un día decide escaparse e buscar un remedio para poder ser igual aos demais...




Potencialidades: conto recomendado para rapazas e rapaces de máis de 3 anos, este conto e que se pode utilizar para traballar a autoestima e pequenas dado  que o protagonista é un elefante que é diferente aos demais e non se gusta a si mesmo porque o resto burlase de el. Tamén pode utilizarse na educación infantil para tratar o tema da diversidade entre as nenas e os nenos. As súas páxinas están ilustradas con imaxes vivas e rechamantes polo que a lectura é mais doada de seguir. Ademais esta versión conta cun xogo para adestrar a mente e chegar a ter a “memoria dun elefante” que lles resultará moi divertido.


Recursos:


Ningún comentario:

Publicar un comentario