luns, 5 de marzo de 2018

Chocolata







Núñez, Marisa (2006). Chocolata, ilust. Helga Bansch, Pontevedra: OQO, (+3 anos), [36 pp.]. (ISBN: 84-9657-3621).

Breve descrición do formato e do contido: é un álbum ilustrado con encadernación en cartoné, que está formado por 36 páxinas e tapas duras dun tamaño de 25x23 cm sen cantos redondeados. Na cuberta aparece a personaxe principal, a hipopótamo Chocolata,acompañada do seu amigo anónimo que irá sempre ao seu carón ao longo desta aventura. Podemos ver como na contracuberta aparece debuxada unha bañeira o motivo polo cal ela comeza a viaxe. É un libro que ten moita letra utilizando diálogos entre os diferentes personaxes, utiliza tamén negriña e o uso das maiúsculas para resaltar algo importante. A ilustradora inspira as súas imaxes en África e utiliza moitas cores vivas.
Este álbum conta a historia de Chocolata unha hipopótamo que sempre se baña na mesma lagoa, ata que  un día a informan de  que na cidade hai unha casa de baños e decide ir. Ao chegar a ela, vai adaptándose ás normas do novo contexto, polo que merca roupa e zapatos, visita un restaurante.... Por último, de maneira puntual as 17.00 logra bañarse aínda que a bañeira era un pouco pequena, despois foi comprarlle un regalo ao seu mellor amigo, durmiu no hotel e despois voltou de novo á selva, pero vestida cun chándal e uns tenis con moitas luces.

Potencialidades: móstranos os diferentes hábitos da sociedade, pódese traballar con el a amizade, o ser un mesmo e adaptarse a diferentes situacións dunha maneira sinxela sen ter por que cambiar a personalidade. A través de Chocolata tamén se pode  traballar as diferentes culturas, neste caso as de África, adaptándose ao medio e coñecendo as particularidades dos usos e costumes desas novas realidades. Tamén nos mostra o importante que é estar no lugar que máis a gusto nos sintamos e cos nosos amigos, familiares…Por último destacar a potencialización do desenvolvemento da creatividade que propician aspectos como personaxes que non se citan no texto (o animal que acompaña a protagonista e non se sabe quen é) e a metatextualidade, ao aparecer reproducidos nas ilustracións álbums da editorial responsable da publicación deste e mesmo o propio volume de Chocolata.

Recursos en liña:
Canción do conto escrita por Marisa Nuñez e publicado na editorial OQO:
Conto:



Ningún comentario:

Publicar un comentario