xoves, 15 de marzo de 2018

Adivinanzas de miedo



Crozon, Alain (2000). Adivinanzas de miedo. Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col. Adivina, [14 pp.]. (ISBN: 978-84-6758-233-8).


Breve descrición do formato e contido da obra: álbum ilustrado poético e en lingua castelá. É de formato rectangular, ao presentar un tamaño de 12,3 x 3,10 cm. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura de cartoné. Na cuberta aparece unha bruxa máis o sombreiro. As imaxes que nos mostra son coloristas e pensadas para chamar  a atención dos nenos e nenas. Este autor, ademais conta con outros libros de adiviñas como: ¿Que es? ¿Que son?, ¿Quien soy?, Adivinanzas de Navidad, ¿Que tienen?, Los deportes, ¿Que es esto?, ¿Que hacen?, Los instrumentos musicales, ¿Que rueda? ¿Que vuela?, ¿Quien soy?

O volume que nos ocupa  está composto por vinte e unha adiviñas de medo. As ilustracións están construídas como pistas para que os  nenos e nenas descubran a resposta, ao mostrar unha parte do obxecto, animal ou ser fantástico sobre o que xira o enigma da composición poética. Ao levantar a solapa, descóbrese a  solución. O texto das adiviás aparece nas páxinas pares e a imaxe coa solución debaixo nas impares.


Potencialidades educativas: os nenos e nenas con este libro de adiviñas deixarán voar a súa imaxinación intentando descifrar a resposta e desenvolverán mellor a súa comprensión lectora. Ademais aprenderán e ampliarán o seu  vocabulario e estruturas lingüísticas máis sofisticadas, que contribúen ao desenvolvemento do pensamento abstracto, a establecer relacións co mundo que os rodea e a gozar coa linguaxe e as súas posibilidades. Este libro ademais é moi bo para que os nenos e nenas perdan o medo a certas cousas (vampiros, monstros...) que os poidan aterrorizar.

Recursos de interese:
  • Crozon, Alain (2014). ¿Que es? ¿Que son?. Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col.Adivina, 18 pp. (ISBN:  978-84-675-6260-6)

  • Crozon, Alain (2012). ¿Quien soy?. Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col.Adivina, 54 pp. (ISBN: 978-84-675-5641-4)

  • Crozon, Alain (2014). Adivinanzas de Navidad. Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col. Adivina, 16 pp. (ISBN:  978-84-675-7363-3)

  • Crozon, Alain (1999). ¿Que tienen?. Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col.  Adivina, 12 pp. (ISBN: 978-84-348-8111-2)

  • Crozon, Alain (2000). Los deportes. Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col.  Adivina, 16 pp. (ISBN: 978-84-348-9537-9)

  • Crozon, Alain (2000). ¿Que es esto?. Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col.  Adivina, 12 pp. (ISBN: 978-84-348-5642-4)

  • Crozon, Alain (1999). ¿Que hacen?. Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col.  Adivina, 12 pp. (ISBN: 978-84-348-8110-5)

  • Crozon, Alain (2003). Los instrumentos musicales. Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col.  Adivina, 16 pp. (ISBN: 978-84-348-9536-2)

  • Crozon, Alain (2000). ¿Que rueda? Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col. Adivina, 12 pp. (ISBN:  978-84-348-6302-6)

  • Crozon, Alain (2000). ¿Que vuela?. Ilust. do autor, trad. Teresa Tellechea. Madrid: SM, col.  Adivina, 12 pp. (ISBN: 978-84-348-6300-2)

Ningún comentario:

Publicar un comentario