Carreiro, Pepe (2008). Carantoñas Un libro de máscaras. Ilus. de Pepe Carreiro. Vigo: A Nosa Terra, col. Os Bolechas, [12 pp.], (ISBN: 978-84-8341-236-7)
Breve descrición do formato e contido da obra: encadernación en cartón cuns ocos nos ollos dos diferentes personaxes da obra para poder interactuar coma se fose unha máscara de cantos redondeados e de 15 x 15 cm. Os personaxes vense representados cada un en dúas páxinas contiguas cun sentimento como pode ser, namorado, enfadado… Trátanse emocións como o amor, o enfado ou o asombro interactuando co propio libro, ao convertelo en máscara. A obra está protagonizada por cinco personaxes, onde cada un deles ten un sentimento coma o que se ve na imaxe. As cores utilizadas son moi vivas e teñen relación tanto co propio personaxe coma co sentimento que expresa.
Potencialidades educativas:
Libro recomendado para todo tipo de idades, co que se pode traballar dunha forma lúdica, as emocións que veñen representadas nos diferentes personaxes: Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa.
Recursos de interese:
https://www.bing.com/videos/search?q=os+bolechas&qpvt=os+bolechas&FORM=VDRE
Este enlace contén links para poder ver en YouTube os diferentes vídeos dos Bolechas.
https://www.facebook.com/osbolechas
Os bolechas tamén contan cunha páxina de FaceBook onde nos podemos informar sobre diferentes acontecementos interesantes a través de vídeos, publicacións, eventos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario