Grejniec, Michael. (2016). ¿A qué sabe la luna? Ilust. do autor, trad. Carmen Barreiro. Pontevedra: Kalandraka, col. Libros para soñar, [26 pp.]. (ISBN: 978-84-95123-61-9).
Breve descrición e contido: álbum ilustrado de 29x20 cm de tipo narrativo. A cuberta e a contracuberta son de tapa dura con encuadernación en cartoné. Na cuberta aparece o título en letras maiúsculas e brancas sobre un fondo escuro. O til sobre o interrogativo “qué” ten forma de lúa. Debaixo do título aparece a figura da lúa en grande, sorrindo, e, debaixo desta, unha xirafa de forma fraccionada, abrindo a porta á imaxinación do que pode haber debaixo. Ambas representacións están a mirarse. Combínanse páxinas en branco, onde aparece o texto xunto co animal que se mostra anticipadamente e que se vai sumar aos que xa están presentes, con páxinas escuras onde aparecen os animais que xa se sumaron á historia. As ilustracións son de tipo figurativo, xa que representan a realidade. Están realizadas sobre soporte de papel-couché empregando tons fríos.
É unha historia lineal, caracterizada pola repetición na cal, nun período de tempo non definido explicitamente pero que podemos interpretar como unha noite, un grupo de animais se axudan para conseguir saber como sabe a lúa. No que respecta á lingua, o campo semántico está adaptado aos lectores potenciais, facendo referencia a animais: tartaruga, elefante, xirafa, cebra, león, zorro, mono, rato e peixe. Aparece ademais un campo semántico antitético: cerca/lonxe.
En canto ás posibilidades formativas, encóntranse a exaltación do traballo en equipo, a solidariedade e a axuda aos demais.
Potencialidades educativas: este álbum narrativo é unha edición especial que contén un póster medidor. A obra permite reflexionar sobre os valores da solidariedade e o traballo en equipo para acadar un obxectivo. Axuda a familiarizarse cos diferentes animais e a iniciarse na astronomía. A lectura pódese complementar coas ilustracións nas que se ven reflectidos os valores previamente presentados. Por outro lado, é un conto traducido a diferentes linguas como o galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, inglés e alemán, que recibiu diferentes premios e mencións en Europa e Latinoamérica. É o caso da súa inclusión no Programa Nacional De Lectura (Sep México) – 2004 e no Plan Nacional De Leitura (Pnl Portugal).
Recursos de interese:
·
Adaptación
en pictogramas por Baión Asociación Tratamiento del Autista:
Grejniec , Michael (2016). ¿A qué
sabe la luna?. Ilust. do autor, trad. Carmen Barreiro. Pontevedra:
Kalandraka, col. Makakiños, [26 pp.]. (ISBN 978-84-92608-84-3).
·
Audiolibro,
manualidades e recursos:
Seño Punk (13/01/2015). "Conviértete
en un exitoso cuentacuentos gracias a ¿A qué sabe la luna?". En entre
actividades infantiles https://entreactividadesinfantiles.com/2015/01/13/conviertete-en-un-exitoso-cuentacuentos-gracias-a-a-que-sabe-la-luna/ (Consultado o 22/02/2018).
·
Contacontos:
Colegio de Almendricos: Animación a la lectura
16-17 ¿A qué sabe la luna?
https://www.youtube.com/watch?v=eaCnzTlN6w8 (Consultado o 22/02/2018).
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarOla! Aquí che deixo outros recursos en liña que atopeu sobre a túa elección:
ResponderEliminarAudiolibro, CEIP De Pazos: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/AQUESABEALUA/aquesabealua.html(consultado o 19 de febreiro de 2018).
Teatro feito por CRA María Zambrano O Rosal: https://www.youtube.com/watch?v=E6PMVdTlBGs (consultado o 19 de febreiro de 2018).
Adaptación del cuento ¿A qué sabe la luna? para niñ@s de Primer Ciclo de Educación Infantil: https://www.youtube.com/watch?v=63KAp_RruPY (consultado o 19 de febreiro de 2018).
Un saúdo.