sábado, 12 de maio de 2018

Bágoas debaixo da cama




Meilán, Ana (2016). Bágoas debaixo da cama. Ilust. Mayo, Marta. Lugo: Ana Meilán, [34 pp.]. (ISBN: 978-84-617-9969-5).

Breve descrición do formato e contido: álbum ilustrado encadernado en cartoné cunhas dimensións de 23 x 25 cm. Na cuberta podemos observar o título da obra con letras grandes entre as que destaca a palabra “Bágoas” polo que xa se anticipa cal será o elemento principal da historia que se contará no interior do libro. No fondo podemos ver ao protagonista cun boneco e un pano cheo de bágoas e a claridade que deixa pasar a porta aberta do cuarto do protagonista. Nunha esquiniña está un anaco da cama do protagonista e debaixo desta o bote de lágrimas que será outro dos elementos principais da historia. Na contracuberta vemos a Simón, o protagonista, de costas camiñando cara ao mundo que o espera fóra daquelas catro paredes. Ademais, podemos apreciar como os botes nos que gardaba as bágoas esta vez están abertos. Na contracuberta tamén podemos ler a seguinte frase: “Que ocorrería se o mundo quedase sen bágoas?”. Nas gardas iniciais tan só vemos un bote ao que aínda non se lle ve a etiqueta, esta revélasenos ao longo do conto e nas gardas finais onde o bote para as “bágoas de chorón” está aberto espallando as bágoas. Na portada podemos ver a Simón recollendo as bágoas do seu boneco. Existen algunhas imaxes a dobre páxina pero a maioría non o son. As ilustracións son moi atractivas debido ás cores intensas que se utilizan e ao perfil en cor negra que lles da profundidade aos personaxes. Nesta obra cóntasenos a historia de Simón, un neno que choraba moito e ao que todos lle dicían “Simón, es un chorón!” e a Simón non lle gustaba que lle dixeran iso. Ata que canso de que todos lle dixesen o mesmo decidiu non volver a chorar diante da xente e gardar todas as súas bágoas, e as dos demais, en botes etiquetados. Cando deixou de chorar por todo, seu pai díxolle que era “un home feito e dereito” e Simón pensou que os homes non choraban, ata que se deu conta de que todas as persoas choran, incluso seu pai. Pasado un tempo Simón chegou á conclusión de que sen bágoas a xente non se entende e que hai bágoas de moitos tipos.

Potencialidades educativas: esta obra é moi adecuada para traballar as emocións e os sentimentos en Educación Infantil e a calquera idade. Ademais, sérvenos para traballar a necesidade de transmitir o que sentimos porque nos axuda a que nos entendan e a comprender o que lle ocorre aos demais. Ás veces, reprimimos as emocións por temor das mofas dos compañeiros ou dos adultos. No conto Simón vese obrigado a cambiar para gustar aos demais ata que comprende a importancia de mostrar as emocións para saber o que sente o outro e poder axudalo cando o precisa, grazas a isto tamén se desenvolve nos nenos a solidariedade e a empatía. Ademais é un libro que rompe cos estereotipos de xénero xa que se nos mostra a un home chorando e a unha muller fontaneira, traballo tradicionalmente asociado ao xénero masculino.

Recursos de interese:
- Cuentos en la nube (2018). Lectura do conto. Youtube. https://www.youtube.com/watch?v=08uPXq_cr1I (Consultado el 12/05/2018).
- Ana Meilán (2017). Descargables para traballar o conto con nenos. https://www.entrenubesycuentos.com/descargas/ (Consultado el 12/05/2018).

1 comentario:

  1. The Casino of Las Vegas - DRMCD
    At the casino 부천 출장안마 of the 광주광역 출장마사지 Las Vegas 김천 출장안마 Strip, you can enjoy a full-service spa, three bars and a fitness center, 충주 출장샵 a 전주 출장안마 spa tub and a health club. This casino also

    ResponderEliminar